Cajide: “O Goberno de Feijoo non esta disposto a loitar pola igualdade efectiva das mulleres no medio rural”

Cajide: “O Goberno de Feijoo non esta disposto a loitar pola igualdade efectiva das mulleres no medio rural”

Cajide: “O Goberno de Feijoo non esta disposto a loitar pola igualdade efectiva das mulleres no medio rural”

A portavoz de Igualdade e Cooperación do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a aplicación da Lei 35/2011 da titularidade compartida nas explotacións agrarias. Alí denunciou que o representante da Xunta “non respondeu a ningunha das preguntas prantexadas en sede parlamentaria”.

Advirte que o Goberno de Feijoo “non están en disposición de loitar pola igualdade efectiva de mulleres e homes, porque non están en disposición de recoñecerlle ás mulleres a liberdade de vivir e decidir sobre o seu futuro”, espetou.

Lembrou na súa intervención que a Consellería de Traballo do anterior Goberno da Xunta de Galicia, no ano 2006, foi a primeira administración autonómica do Estado en complementar a bonificación estatal do 30% das cotas da SS, ás persoas menores de 40 anos noutro 20%, e en bonificar co 50% das cotas ás mulleres de 41 a 45 anos que acceden á cotitularidade.

Cajide sinalou tamén que esa bonificación estatal foi un aposta do Goberno de Zapatero, recollida na Lei de presupuestos do Estado do ano 2006 polo que as persoas cotitulares de explotacións agrarias, incorporadas ó Réxime Especial Agrario da Seguridade Social a partir de abril de 2006 contaran con esa reducción do 30% durante tres anos.

Ademais tamén aludiu a Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, que contén unha descrición do problema para prever actuacións públicas na materia, pero lamenta que esta normativa “esta sendo boicoteada polo Goberno de Feijoo”.

A parlamentaria afirma que á Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias “ten como finalidade promover e favorecer a igualdade real e efectiva das mulleres no medio rural, a través do recoñecemento xurídico e económico da súa participación na actividade agraria”. Subliña que esta normativa “amosa o firme compromiso socialista co rural, e por suposto coa loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no medio rural”.

Demanda histórica

Dixo que a aprobación da Lei de Titularidad Compartida de las explotaciones agrarias, “é unha demanda histórica para corrixir a desigualdade entre homes e mulleres”.

Así as cousas replica que segundo os datos da enquisa do INE sobre a estructura das explotacións agrícolas do ano 2007 en Galicia, a porcentaxe de mulleres titulares de explotacións case duplica á media de España. Aínda así, en Galicia hai sobre 25.000 mulleres cónxuxes de titulares de explotacións. E segundo un estudo de Fademur do ano 2005, observamos que a afiliación á SS, en réxime autónomo Galicia está só 8 puntos por encima da media (32/24).

Asegura que “acercar os servizos sociais ao mundo rural foi tamén un dos empeños do Gobernos e das mulleres e homes socialistas”. Replica que coa implementación desta Lei as mulleres rurais serán máis visibles, máis recoñecidas e colocadas en posición de acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes no ámbito rural.

Cajide denuncia que “a táctica de Feijoo de facer recortes en materia de igualdade, non xestionar, privatizar e queixarse, só leva a nosa comunidade á destrucción do Estado do Benestar que tanto nos custou construír”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar