Cajide: "O Goberno de Feijóo lexisla en contra da liberdade e autonomía das mulleres"

Cajide: "O Goberno de Feijóo lexisla en contra da liberdade e autonomía das mulleres"

Cajide: "O Goberno de Feijóo lexisla en contra da liberdade e autonomía das mulleres"

A Portavoz de Igualdade e Cooperación do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a posta en marcha dun servicio de asesoramento xurídico on-line para atender as mulleres vitimas de violencia de xénero.

Na súa intervención lembrou que dende o ano 2010, os concellos reciben menos achegas do Goberno de Feijoo para manter os Centros de Información á Muller. Denunciou tamén que recortaron os fondos destinados á loita contra a desigualdade.

Sinalou que nos primeiros días do mes de agosto en Galicia se ditaron 637 ordes de protección no primeiro semestre do ano, “unha cifra que supón unha redución do 4,64 por cento con respecto ó mesmo período de 2010”. Criticou tamén “o drástico recorte do 79,5% nos orzamentos da Xunta nas accións para a igualdade protección e promoción da muller”, na nosa Comunidade.

Cajide asegura que o novoa servicio on-line anunciado pola Xunta “é unha cortiña de fume, para non amosar a diminución dos servizos que estaban en marcha”. E puxo como exemplo a diminucións nas oficinas I+B, as axudas e subvencións ós CIM´s,.. . Advirte que as vítimas precisan de expertos e expertas que as axuden e poidan ter un trato directo pola delicada situación que atravesan.

Asevera ademais que o Goberno de Feijoo “suprimiu tódolos espazos de participación e decisión da sociedade galega deixando exclusivamente en mans do Goberno ás políticas de igualdade”.

A deputada afirma que o Goberno de Feijoo “lexisla en contra da liberdade e a autonomía das mulleres”. Nese senso citou a lei de familia e a lei de apoio á muller embarazada. Dixo que retrasan as resolución de expedientes e incluso os pagos do salario da liberdade, “e mentres o observatorio, consello e centro integral seguen á espera”, resumiu.

A parlamentaria socialista dixo que Feijoo “apoia ó asociacionismo negativo, o que só serve para adoutrinar, e co que ten unha especial complicidade o actual Goberno da Xunta e o PP de sempre”, espetou.

16 emendas do PSdeG-PSOE

Ademais lembrou as 16 emendas presentadas polo PSdeG neste campo “para incrementar o orzamento da Secretaría de Igualdade”.

Cajide subliñou os orzamentos do Goberno de Zapatero para a atención das vitimas de violencia de xénero. Sinalou que ten incrementado nun 74% entre 2004 e 2010 os/as axentes especializados en violencia de xénero, duplicou o servizo de teleprotección ás vítima de violencia de xénero, puxo a disposición dos xulgados 3.000 pulseiras contra os maltratadores, creou o Fondo Estatal para a asistencia social integral das víctimas de Violencia de Xénero, que xestionan as CCAA.

Tamén triplicou o presuposto destinado ás mulleres galegas en risco de exclusión que pasou de 47.648 euros no 2009, a 144.008 no 2011. Mentres a Xunta de Galicia no mesmo período pasa de 5 a menos de 1 millón de euros a partida total do programa de Apoio a conciliación da vida laboral e familiar e outros servizos de protección social.

Telefono 016

Por ultimo aludiu a posta en marcha do teléfono 016, de atención permanente e gratuíto. Conta na actualidade cun servizo de atención en 51 idiomas, atendendo máis de 270.000 consultas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar