Modificar a Lei de Eleccións ao Parlamento permitirá unha presenza equilibrada de homes e mulleres

Modificar a Lei de Eleccións ao Parlamento permitirá unha presenza equilibrada de homes e mulleres

Modificar a Lei de Eleccións ao Parlamento permitirá unha presenza equilibrada de homes e mulleres

A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide anunciou en hoxe en rolda de prensa que o Grupo Parlamentario Socialista propoñerá nas propostas de resolución do Debate do Estado da Autonomía se modifique da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, para facer efectivo o principio de igualdade de condicións na participación política, as candidaturas electorais, que deberán ter unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Sinala ademais que para iso, as listas electorais estarán integradas por candidatos e candidatas, ordenados de forma alternativa, o que se coñece como lista cremalleira. Esta premisa debe cumprise nos municipios cun número de persoas inferior a 10.000, e a proporción da participación nas listas electorais que concorran ás Eleccións Municipais seguiráselle aplicando o recollido na Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres.

Co gallo do Dia Internacional da Muller Carmen Cajide dixo que nos últimos anos do Goberno de Zapatero “avanzamos considerablemente na lexislación sobre igualdade”, e nese senso puxo como exemplo a lei de protección integral contra a violencia de xénero, a lei para a igualdade, a lei de saúde sexual e reprodutiva e da IVE. Sinala ademais que estes textos lexislativos “estiveron acompañados de importantes avances en dereitos sociais, plasmados na Lei de dependencia, e no impulso de Plans, programas e recursos de atención integral ás mulleres”. “Asevera que o PP esta expulsando ás mulleres do ámbito laboral ao ámbito familiar”.

A deputada lamenta que este 8 de Marzo de 2012 “por primeira vez non se pode conmemorar con avances cara á igualdade efectiva de mulleres e homes”. Xa que asegura que nos enfrontámonos “a unha batalla ideolóxica dos Gobernos do PP contra os dereitos das mulleres, e que na nosa comunidade xa vimos sufrindo nos tres anos que leva gobernando Nuñez Feijóo”, espetou.

A portavoz de Igualdade denunciou que os constantes recortes do Goberno de Feijoo en materia de igualdade “recortes de dereitos lexislativos, recortes nas estructuras de apoio á muller, a supresión do Servizo Galego de Igualdade e das oficinas de I+B, e agora están abocando a moitos CIMs ó peche”.

Uso perverso dos fondos

Coas cifras na man replica que o orzamento da Secret

aría de Igualdade cando no 2009 para as políticas de Igualdade supoñían un 0,51 % dos orzamentos da Xunta de Galicia, e coa chegada de Feijoo no ano 2012 “deixáronas na mísera porcentaxe do 0,13 %”. Ademais critica que “fan uso perverso dos fondos destinados ó asociacionismo, dedicando a metade para as redes ultraconservadoras”, insistiu.

Lembra que despois de mais de 3 anos de lexislatura “segue pendente o Plan de Emprego Feminino”, a pesar de que Feijoó comprometeuse a aprobado antes do remate do ano 2009, ademais do alarmante incremento do paro feminino en Galicia “que esta 15 puntos porcentuais por encima da media estatal”.

Anulado un despido da Xunta a unha traballadora

Sobre a nefasta reforma laboral asevera que “Feijóo aplaude coas orellas esta Reforma de Rajoy”, e denuncia que con esta normativa “desaparecen as bonificacións á reincorporación de empregadas que tivesen cursado baixa por maternidade ou estiveran en excedencia para o coidado dos seus fillos ou fillas”. Por iso afirma “que o PP lexislan en contra dos dereitos das mulleres”, e citou como exemplo a Lei da familia ou a Lei de apoio á muller embarazada. Neste punto lembrou o caso que hoxe aparece publicado nos medios de comunicación no que foi “anulado un despido da Xunta a unha traballadora durante unha baixa maternal, aos poucos días de dar a luz”. “Esta é a verdadeira política do PP”, resumiu.

Cualificou de “moi tristes”, as declaracións do Ministro de Xustiza nas que propugna regresar á lei do aborto de 27 anos atrás, ademais de aludir a violencia estrutural nas mulleres, e escoitando á Ministra de Igualdade “culpabilizar a lei orgánica de violencia de xénero e a quen a impulsou das mortes, caésenos a alma ós pés”.

Asegura que hoxe mais ca nunca “é necesario contar coas mulleres para poñer remedio ó desorde económico masculino, aportar solucións innovadoras, creativas, solidarias que garantan unha repartición que alcance tamén a quen máis o necesita”. E insistiu nas súas criticas “iso non se fai con fotos e grandes anuncios, como fai o PP, só se pode facer partido da realidade e con compromiso firme”. E aludiu á foto das mulleres no Parlamento “dende o PSdeG-PSOE negamos á invitación da presidenta da Cámara, porque non é máis que un espellismo”. Asegura que as cotas son o mellor instrumento para facer aflorar a capacidade das mulleres.

Políticas de igualdade son necesarias

Replica que “dende o PSdeG seguimos pensando que as políticas de igualdade son necesarias, non só por ser xustas e democráticas, senón que tamén para acadar unha sociedade máis desenvolvida e competitiva”. E resumiu “as políticas de igualdade do PP están rodeadas de cinismo, demagoxia e hipocrisía”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar