Cajide esixe a Feijoo que deixe sen efecto as ordes de recortes de axudas as ONGDs

Cajide esixe a Feijoo que deixe sen efecto as ordes de recortes de axudas as ONGDs

Cajide esixe a Feijoo que deixe sen efecto as ordes de recortes de axudas as ONGDs

A portavoz de Cooperación  do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Carmen Cajide anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo que deixe sen efecto as Ordes de 24 de maio de 2011 para a concesión de subvencións para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, xunto coa Orde da concesión de subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior.

Tamén lembrou que rexistrou outra incoativa na Cámara Autonómica para reclamar á Xunta que deixe de gastar un millón de euros de gastos superfluos de publicidade e propaganda para destinalos a paliar a fame no Corno de África. Sinala que estas partidas supoñen un investimento equivalente a “36 céntimos por cada galego” para paliar a Gran Fame que ten a un 30 por cento de nenos e nenas con problemas de desnutrición aguda e dispara os índices de mortalidade infantil nestes países. Reclamou así que o goberno galego comprometa unha axuda de un millón de euros para complementar os 25 millóns anuais que destina España.

Cajide lembrou no día de hoxe, Día do Cooperante , os recortes orzamentarios do Goberno de Feijoo nesta materia. A parlamentaria socialista denuncia a reducción de case 1.5 millóns de euros do Plan Anual de 2009, e do Plan Anual de 2010 sufriu unha reducción de 1.8 millóns de euros, e no do 2011 tivo un recorte de 2 millóns de euros. A portavoz socialista critica a rebaixa nun 45% das partidas orzamentarias destinadas a financiar proxectos que as ONGDs van levar a cabo durante o ano 2011.

Así as cousas Cajide afirma que os mais prexudicados por esta política de recortes de Feijoo “ é a parte mais débil da sociedade, as persoas mais pobres, tanto os que viven en Galicia como no terceiro mundo”, resumiu.

Por ultimo enviou unha mensaxe de solidariedade e recoñecemento para os voluntarios e para os cooperantes que cada día traballan en calquera rincon do mundo para levar dignidade a quen mais o necesita.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar