Cajide di que o goberno de Feijóo puxo unha soga aos concellos de Galicia

Cajide di que o goberno de Feijóo puxo unha soga aos concellos de Galicia

Cajide di que o goberno de Feijóo puxo unha soga aos concellos de Galicia

A portavoz de Igualdade e Cooperación do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu  na Comisión 5ª do Parlamento, mediante unha Proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo presentar ante o Parlamento de Galicia, nun prazo non superior a tres meses, un estudio que reflicta a evolución e situación actual do funcionamento dos Centros de Información á Muller (CIMs). E tamén reclama concertar cos concellos que teñen en funcionamento un CIM as condicións para a seguinte convocatoria de axudas. A proposta foi rexeitada polo PP. “Todo o que ten que ver con igualdade o Partido de Feijoo bótao abaixo”, espetou.

Na súa intervención lembrou que hoxe se celebra o Día Internacional contra la Explotación Sexual y la Trata de Seres humanos. Dixo que a primeira vez que  un Goberno aborda o grave problema da explotación sexual foi baixo o mandato de Jose Luis Zapatero que foi que impulsou o Plan integral contra a Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, que  está en vigor desde o 12 de decembro do 2008.

A deputada explicou na súa intervención que os Centros de Información á Muller (CIM) prestan dende hai anos un importante servizo de apoio ás mulleres galegas, que abarca dende o apoio para fomentar a participación do sector feminino no tecido social, político e económico ata a atención ás víctimas da violencia machista; as e os profesionais dos CIM son especialistas en axudar ás mulleres que están a ser maltratadas, tanto na resolución de cuestións legais como no asesoramento psicolóxico, sanitario e social.

Cajide advirte que a correcta prestación destes servizos depende da colaboración da Xunta cos concellos Galegos, que precisan das achegas do Goberno autonómico para manter ó equipo de traballadores e traballadoras e prestar a axuda que reciben ás mulleres nos CIM.

Así as cousas denuncia que dende a chegada do Goberno de Feijoo á Xunta de Galicia “traduciuse nunha redución constante dos investimentos dedicados á loita pola igualdade real entre mulleres e homes”, base fundamental para acadar unha sociedade máis equilibrada e máis xusta que a actual. Lembra que tras a supresión do Servizo Galego de Igualdade, iniciouse no ano 2010 a actual fase de recorte de achegas ós CIM que non sabemos ata onde pode chegar.

Sinala que a resolución aprobada o 15 de xullo de 2011 conleva unha merma importante de recursos económicos, unha diminución que nalgúns casos fará imposible que as entidades locais manteñan un servizo polo que debe velar a propia Administración autonómica, que de xeito unilateral decidiu rebaixar as achegas a aqueles CIM´s que non conten cun equipo fixo. Denuncia que a Xunta de Galicia, con esta resolución, está a poñer unha soga ó pescozo a case a totalidade dos CIM´s de Galicia.

Cajide critica a maiores que esta orde afectou ós equipos que prestan nestes servizos. Asevera que se tratou dunha medida unilateral que repercutiu negativamente no persoal que non era dos concellos e, por tanto, no funcionamento dos centros.

Cajide subliña que os CIMs non poden ser obxecto de ningunha medida de aforro, por tratarse de un servizo absolutamente imprescindible mentres a muller siga a ser vítima da violencia machista ou de calquera tipo de discriminación, como ocorre na actualidade. Asegura que os CIMs non deixaron de incrementar a súa actividade dende que foron creados, un feito que amosa a importancia destes servizos.

Por ultimo afirma que “o Goberno de Feijoo está votando por terra todo aquilo que lle cheire a participación, o único que quere é a de adoutrinar, por iso solo conta coa opinión de organizacións como a Red Madre, por iso impulsa leis como a farsa da lei de apoio á muller embarazada, ou outras como a Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia que o propio Consello Económico e Social de Galicia cualificou de regresiva”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar