Feijoo actúa ao dictado das asociacións ultra-dereitistas que xestionan a Red Madre

Feijoo actúa ao dictado das asociacións ultra-dereitistas que xestionan a Red Madre

Feijoo actúa ao dictado das asociacións ultra-dereitistas que xestionan a Red Madre

A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a concesión de axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen animo de lucro destinadas a mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes.

Na súa intervención explicou que estas axudas están destinadas ao mantemento de centros de atención especializada para mulleres, os recursos específicos para xestantes e lactantes con fillos e fillas menores de tres anos, ó apoio ás mulleres en situación de risco, discriminación ou vítimas da violencia doméstica.

Sinala que beneficiáronse deste reparto de 916.000 euros, 50 asociacións, que terían que dedicar a programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e á loita contra prexuízos e patróns machistas de conduta que aínda persisten na nosa sociedade.

Así as cousas denuncia que tras facer unha análise detallada das entidades beneficiarias “atopamos que na listaxe existen asociacións coñecidas como á rede ultra conservadora Red Madre”, da que lembrou debateu un ILP no Parlamento e aprobada cos votos do PP.

Cajide afirma que esta asociación “non ofrece información ás mulleres sobre os embarazos non desexados nin sobre as políticas de información afectivo-sexual, senón que atenta contra dereitos xa consolidados na democracia”, insistiu.

Cualifica esta entidade coma “de carácter ultra-dereitista, e cuxos postulados non coinciden coas políticas de igualdade e de apoio á muller que ten a obriga de ofrecer unha administración”.

Replica que o Goberno de Feijóo “aparenta apostar pola familia”, xa que as medidas que impulsou ata o de agora non se plasmaron nun incremento da natalidade, xa que Galicia se atopa na última posición de todas as CCAA. E insiste nas súas criticas “este tipo de reparto está impulsando un incentivo perverso que só serve para intentar recortar os dereitos das mulleres na súa autonomía persoal”.

Denuncia que Feijoo “está destinando os fondos públicos, inicialmente asignados a minorar a situación de discriminación que sofren as mulleres, a todo o contrario, a intentar restarlle autonomía”.

37.000 mulleres no paro

Coas cifras na man asevera que nestes tres anos, a xestión de Núñez Feijóo produciu un incremento do paro feminino 15 puntos superior a media de España, é dicir “mandou ó paro a 37.000 mulleres nestes tres anos”.

Advirte que levan tres anos facendo drásticos recortes en materia de igualdade, case o 80% na partida de promoción da muller, e malgastan o pouco que deixan en cuestións que nada teñen que ver coa loita pola efectiva igualdade de mulleres e homes.

Cajide dixo “preocúpanos que a Xunta de Galicia destine os cartos públicos ao recreo e entretemento das mulleres que conformar a Red Madre, xa que están destinando cartos públicos a actividades que só serven para manter o seu status de persoas importantes, caritativas e incluso teñen o atrevemento de considerarse solidarias”.

Engano á cidadanía

A deputada sinala que as actividades da Red Madre “xa non encaixan na sociedade actual”. Nese senso demandou que se “destinen os cartos públicos de xeito que cheguen ás persoas ás que van destinados”. E critica que estas axudas “son un engano á cidadanía galega”.

“Deixen de facer lei da intolerancia- proclamou- porque iso é o que están facendo en toda esta lexislatura escribindo ao ditado da Red Madre”.

Aludiu ademais as palabras da deputada do PP, Anheles Díaz, que asegurou en sede parlamentaria, que o uso incontrolado da pílula postcoital eleva as enfermidades sexuais. E preguntouse “como se pode afirmar que hai mulleres que utilizan a pílula postcoital como método anticonceptivo?”. Dixo que están tratando as mulleres galegas de ignorantes e de irresponsables.

Por ultimo anunciou que o PSdeG-PSOE vai presentar unha proposición para reclamar ao Goberno de Feijoo elaborar e presentar no Parlamento un informe sobre as medidas de educación sexual e acceso ós métodos anticonceptivos a evolución de abortos en Galicia.

E concluíu “a nosa posición fronte ó aborto está clara: poñer os medios para evitar os embarazos non desexados e polo tanto o número de abortos, e no caso de que suceda apoiar as mulleres na súa decisión, sexa cal sexa”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar