Cajide denuncia "un pacto tácito para a submisión da muller entre o PP, a Igrexa e as Redes Nai"

Cajide denuncia "un pacto tácito para a submisión da muller entre o PP, a Igrexa e as Redes Nai"

Cajide denuncia "un pacto tácito para a submisión da muller entre o PP, a Igrexa e as Redes Nai"

A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre os investimentos do Goberno de Feijoo no marco da Lei de apoio á muller embarazada. Alí criticou a reducción do orzamento da Xunta que pasou de 60 millóns a 13 millóns. Denuncian un pacto tácito para a submisión das mulleres “entre o PP, a Igrexa e as rede nai”.

A parlamentaria solidarizouse en primeiro lugar coas ultimas víctimas de violencia de xénero neste ano. Ademais tamén aludiu as polémicas declaracións da Ministra Ana Mato, que cualificou a violencia de xénero, como violencia en el entorno familiar, tal e como consta na nota de prensa enviada aos medios de comunicación. Cualificou de “terrible” este cambio de terminoloxía”. Lembra que a Ministra tiña que nomear os asasinatos po violencia machista ou de xénero.

Ademais rexeitou con contundencia o novo organigrama do executivo que preside Mariano Rajoy “xa que so conta con catro mulleres” entres os seus membros, e advertiu que non hai aparecen secretarias xerais, nin delegación para a violencia de xénero.

Amosou a fonda preocupación do Grupo Socialista, e lembrou que xa hai 60 mortas este ano pola violencia de xénero en España, das cales 3 son en Galicia.

A portavoz de Igualdade afirmou “que a hipocrisía do PP segue existindo en Galicia, como coa Lei do divorcio ou a Lei dos matrimonios homosexuais”. Asevera que ese pacto pola submisión da muller “segue vixente en Galicia”, como hai 25 anos. Denunciou que o Goberno de Feijoo segue impulsando a Rede Nai co único fin de amedrentar as mulleres.

E advertiu “ou reaccionamos ou non sabemos a onde vamos a chegar”, espetou. Explica que mentres en España dende o ano 2008 había 115.812 abortos, reducise ano 2010 a 113.031 abortos, mentres en Galicia no ano 2008 pasou a 1.981, e en 2 anos pasou a 3.513 abortos no ano 2010.

Cajide quere coñecer que posibilidades están dando o Goberno Galego ás mulleres de Galicia para continuar co seu embarazo. E preguntou polo Plan Aurora ou Plan de atención á saúde “que están nun caixón”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar