Cajide denuncia que Feijóo ven de anular as achegas para accións humanitarias e de emerxencia

Cajide denuncia que Feijóo ven de anular as achegas para accións humanitarias e de emerxencia

Cajide denuncia que Feijóo ven de anular as achegas para accións humanitarias e de emerxencia

A portavoz de Cooperación do Grupo Socialista Carmen Cajide denunciou que a Xunta ven de anular, no DOG do pasado venres 5 de xuño, as achegas da Xunta para accións humanitarias e de emerxencia. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas sobre os recortes desta orde, que tamén reduce á metade as partidas para proxectos de ONGDs.

Cajide advirte que esta actitude “fondamente insolidaria” de Feijóo deixa sen axuda galega a poboacións afectadas por catástrofes naturais, que tiñan unha dotación orzamentaria de 300.000 euros.

Considera “gravísimo” que a Xunta teña reducido, o mesmo día, unha redución do 45 por cento nas partidas orzamentarias destinadas a financiar os proxectos que as ONGDs van levar a cabo durante 2011. Explica que esta decisión prexudicará gravemente aos proxectos de loita contra a pobreza e suporá un “tremendo freo na dinámica dos proxectos das ONGDs en materia de Cooperación Galega ao Desenvolvemento”.

A responsable socialista considera estes recortes “o colmo do cinismo” por canto “converte en papel mollado os aparentes e nunca cumpridos compromisos do PP co impulso do Plan Director de Cooperación e Desenvolvemento, o Pacto Galego contra a Pobreza ou o impulso da Cooperación Galega ao Desenvolvemento”.

Lembra que a toma de posesión de Feijóo foi o comezo dos recortes, reducindo en 1,5 millóns de euros o Plan Anual 2009 para a cooperación galega, que ascendeu a un recorte de 1,8 millóns no plan anual de 2010 e ata 2 millóns en 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar