Cajide: "As trabas da Xunta á Lei de Saúde Sexual e Reproductiva aumentou un 70 por cento os abortos"

Cajide: "As trabas da Xunta á Lei de Saúde Sexual e Reproductiva aumentou un 70 por cento os abortos"

Cajide: "As trabas da Xunta á Lei de Saúde Sexual e Reproductiva aumentou un 70 por cento os abortos"

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, advertiu hoxe que as trabas impostas pola Xunta á Lei de Saúde Sexual provocou que os abortos aumentaran en Galicia un 77 por cento entre 2008 e 2010. Nunha pregunta oral no Pleno que se celebrou hoxe, advertiu que no mesmo período os abortos diminuíron no resto do Estado un 2,4 por cento.

Cajide criticou que a Xunta leve tres anos “lexislando contra dos dereitos das mulleres, desmantelando as infraestruturas de apoio, recortando drasticamente os orzamentos e poñendo trabas ao cumprimento da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva”. A conclusión foi que neste período Galicia pasou de rexistrar 1.981 abortos a un total de 3.313, polo que reclamou que “abran os ollos á realidade”.

Sinalou que a sociedade “quere romper cos estereotipos da dereita sobre a familia”, xa que “as mulleres non van parir cando llelo indique a Red Madre ou o PP, senón cando vexan posibilidades de sacar ao seu fillo adiante”.

Reclamou á Xunta de Galicia que “interceda” diante do goberno central para que desista da súa intención de derrogar esta Lei, “regresando a 1985 e deixando ás mulleres e aos profesionais que deciden abortar en desamparo”. Dixo que “non vale escaquearse” porque o goberno galego ten a responsabilidade e a competencia sobre sanidade e igualdade para afrontar “o terrible incremento das estatísticas de abortos”.

Criticou que o ministro de Xustiza teña pasado de ser “o alcalde abandeirado de facilitar a pílula do día despois a un arcaico e patriarcal ministro que recupera o discurso do seu pai de hai 27 anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar