Cajide: “As políticas de igualdade do goberno de Feijoo son semellantes ás da sección feminina de Pilar Primo de Rivera”

Cajide: “As políticas de igualdade do goberno de Feijoo son semellantes ás da sección feminina de Pilar Primo de Rivera”

Cajide: “As políticas de igualdade do goberno de Feijoo son semellantes ás da sección feminina de Pilar Primo de Rivera”

A Portavoz de Igualdade e Cooperación do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu hoxe no Pleno do Parlamento, mediante unha interpelación, para reclamar explicacións sobre as políticas de igualdade de homes e mulleres da Xunta de Feijoo.

Na súa intervención lembrou que maña se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dixo que “dende o Grupo Parlamentario Socialista queremos facer un chamamento á rebelión colectiva da cidadanía contra a violencia machista: todos e todas debemos comprometernos contra esta inmensa crueldade que só produce dor, medo e morte nas mulleres vítimas, en menores que a padecen e en familiares e amizades que a sufrirán de por vida”, resumiu.

Neste punto aludiu á Lei contra la Violencia de Xénero, que foi a primeira normativa legal aprobada polo Goberno socialista en decembro de 2004, e dotou a Ministerios, Comunidades Autónomas, Concellos e Asociacións de recursos, tanto legais como económicos, para a protección integral das vítimas e de menores ao seu cargo.

Dixo que non basta “con poñer o lazo na solapa un día ó ano, nin facer concentracións con cada morte”. E insistiu “temos que facer un esforzo por eliminar ese velo interior que se nos vai incorporando segundo a nosa socialización e a ideoloxía na que nos fomos asentando”.

Cajide referiuse as propostas de Núñez Feijóo no seu discurso de investidura neste ámbito. Un dos cinco grande compromisos é “un programa de acción que superase os estériles antagonismos e disensións ideolóxicas”. “traballaremos a reo para dar cumprimento non só a un imperativo legal senón, sobre todo, a unha obriga ética: avanzar cara a unha sociedade na que a igualdade entre os homes a as mulleres sexa realidade”

Pero denuncia que o Presidente Feijoo non cumpriu os seus compromisos, e advirte “que esta desmantelando tódolos avances acadados, dous exemplos: suprimiron SGI, renuncia a desenvolver a Lei de traballo en igualdade das mulleres de Galicia e modificaron varios dos artigos desa lei limitando o principio de transversalidade, rompendo cun importante proceso comezado co anterior Goberno presidido por Emilio Pérez touriño”.

E pola contra subliña que o PP “impulsa leis regresivas como a de Familia ou a de Apoio á Muller Embarazada, encamiñadas ó control da sexualidade e da maternidade das mulleres”. Por iso insistiu nas súas criticas “o PP presenta políticas que se asemellan ás da Sección Feminina de Pilar Primo de Rivera, para manter a casa limpa e pura…”.

Sobre os orzamentos da Xunta dedicados a esta área, denuncia que pasaron de destinar o 0,5 do orzamento do ano 2009, últimos orzamentos do presidente Touriño, ó 0,1 para o ano 2012. O que significa que “pasamos de máis 60 millóns no 2009 a menos de 13 no 2012, abandonando case por completo as medidas encamiñadas á promoción da muller”.

Políticas na dirección contraria ás do resto do mundo

Cajide aludiu tamén a outra das medidas estrelas do Goberno de Feijoo “como a Resolución do 16 de xullo de 2010, que regula as axudas e subvencións ós CIM´s, nun intento de desmantelar este servizo, que con tanto esforzo puxeron en marcha moitos dos concellos galegos”. E tamén “algo tan miserable como os retrasos na resolución de expedientes e incluso nos pagos do salario da liberdade”.

Asevera que as políticas de Núñez Feijoo no tocante á igualdade “van en dirección contraria ás do resto do mundo”.

Non imos quedar impasibles

Dixo que dende o PSdeG-PSOE “non imos a quedar impasibles ante as políticas que está levando a cabo o Goberno de Feijoo, porque sería traizoar a sociedade, non só ás mulleres galegas, tamén a esa nova masculinidade que empeza a aflorar”, concluíu.

Aposta decidida de Zapatero
Pola contra subliña que os recortes do Goberno galego contrastan coa firme aposta do Goberno do Estado. Puxo como exemplo o incremento dun 74% entre 2004 e 2010 os/as axentes especializados en violencia de xénero, duplicou o servizo de teleprotección ás víctimas de violencia de xénero, creou o Fondo Estatal para a asistencia social integral das víctimas de Violencia de Xénero, que xestionan as CCAA, e os permisos de paternidade exclusivos de 15 días.

Triplicou o orzamento para as mulleres con risco de exclusión
Ademais no 2010 o Goberno do Estado concertou coas comunidades autónomas un programa de atención especializada a menores expostos á violencia de xénero, cun importe de 1,5 millóns de euros, e triplicou o presuposto destinado ás mulleres galegas en risco de exclusión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar