As mulleres viven momentos moi duros polos ataques aos seus dereitos nas políticas do PP

As mulleres viven momentos moi duros polos ataques aos seus dereitos nas políticas do PP

As mulleres viven momentos moi duros polos ataques aos seus dereitos nas políticas do PP

A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide interveu na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o orzamento que destina a Consellería de Presidencia para dar cumprimento ao principio de transversalidade recollido na Ley Orgánica 3/2007 para la igualdad efecetiva entre mujeres y hombres.

Carmen Cajide cualificou de “momentos duros e moi tristes os que viven hoxe as mulleres de Galicia”, por mor dos ataques directos aos dereitos ás mulleres que impulsan o PP.

Lembrou que os orzamentos no ano 2009, en materia de Igualdade, era dun 51%, e no ano 2011 pasaron ao 0.13% “isto é o que lle importa ao PP a igualdade”, dixo. E insistiu nas súas criticas “as políticas de igualdade non son unha prioridade nin para Feijoo, nin para Rajoy”. Nese senso emprazou ao Goberno de Feijoo “a poñer mais sentido e mais cariño ás políticas de igualdade en Galicia”, xa que hoxe “estamos vendo freados tódolos avances que fixemos ata agora”.

Na súa intervención explicou as políticas de Igualdade “precisan dun Informe de impacto de xénero sobre o proxecto de orzamentos da Xunta para que garanta que cada euro público que se invista favoreza por igual a homes e as mulleres”. Ademais sinala que dito Informe debe ser unha garantía na aplicación concreta do principio de transversalidade, xunto cunha mel

lora da calidade e da avaliación das políticas públicas.

Dixo que o Informe de impacto de xénero presentado pola Xunta “é un atentado contra os grupos parlamentarios, xa que o único que fai é recoller a lexislación sobre este asunto”, e insistiu “ é unha falla de respecto, e unha falla de rigor ás políticas de igualdade.

Presupostos públicos cunha perspectiva de xénero

Asegura que son necesarios uns presupostos públicos cunha perspectiva de xénero co fin de avanzar na sensibilización e no entendemento da non neutralidade dos ingresos e gastos públicos, debido á diferente posición económica e social de partida de mulleres e homes.

Sinala que en España, a Ley Orgánica 3/2007 para la igualdad efectiva entre mujeres y hombres esixe que o principio de transversalidade se faga efectivo á hora de elaborar os orzamentos das políticas públicas. Dixo que en base ao seu cumprimento, as ordes de elaboración dos presupostos xerais do Estado e de diversas Comunidades Autónomas, como Andalucía, recollen a necesidade de acompañar ditos documentos dun informe de impacto de xénero.

Advirte tamén que as estatísticas demostran como os países máis igualitarios en todo o mundo son tamén os máis prósperos e ademais onde a taxa de fecundidade das mulleres está recuperándose.

Así as cousas Cajide asegura que “a existencia de presupostos sensibles ás diferenzas de xénero é aínda máis urxente no contexto actual de saída da crise económica e financeira e de reforma dos nosos modelos produtivos”.

A deputada replica que “falar de xénero nos orzamentos é falar de igualdade de homes e mulleres, evidenciar a desigualdade que permanece na nosa sociedade e comprometer recursos públicos para corrixila”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar