Cajide acusa ao PP de “poñer en perigo os servizos básicos de axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero”

Cajide acusa ao PP de “poñer en perigo os servizos básicos de axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero”

Cajide acusa ao PP de “poñer en perigo os servizos básicos de axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero”

A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Cajide, acusou hoxe ao PP de “poñer en perigo os servizos básicos de axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero” en Galicia. Así o dixo logo de que o PP rexeitara no Pleno de hoxe unha moción socialista para garantir a continuidade dos CIM nos concellos galegos.

A responsable socialista criticou a “falla de vontade” da Xunta de Galicia e do PP diante desta lacra que afecta cada día a moitas mulleres galegas, e lembrou o caso de onte en Abegondo, que rematou cunha muller falecida, “familias rotas pola dor e o pobo consternado”. Dixo que este caso demostra que “a máis terrible das consecuencias do trato desigual entre mulleres e homes remata en violencia de xénero e asasinatos”.

Cajide preguntou “ónde están os plans que anuncia tódolos días o goberno galego” para loitar contra este grave problema, logo de ter paralizado iniciativas postas en marcha durante a pasada lexislatura, como o Plan Aurora, o Plan Integral da Saúde da Muller de Galicia, ou o desenvolvemento da Lei do Traballo en Igualdade.

Dixo que esta actitude concorda coa falla de vontade política amosada polo goberno galego na elaboración dos orzamentos para o próximo ano, por canto os orzamentos pasaron de destinar ás accións para a igualdade e a protección e promoción e promoción da muller 33,5 millóns de euros en 2009 a menos de 7 para 2012. Ademais, diminuíron un 15 por cento as contías para fomento da conciliación, deixándoas en 805.000 euros.

CIM municipais

A parlamentaria socialista sinalou que, co seu voto en contra, o PP rexeitou hoxe que a Xunta concerte cos concellos as convocatorias de axudas para manter os Centros de Información á Muller vítima de violencia machista, condenando así a súa continuidade. Tamén rexeitaron a elaboración dun estudo socio – criminolóxico sobre violencia de xénero en colaboración co goberno central.

Os socialistas galegos tamén pediran hoxe a elaboración dun informe detallado sobre a evolución do “Salario da Liberdade” para presentalo a continuación na Cámara autonómica. Finalmente, instaban ao Goberno galego a promover un programa específico de sensibilización da sociedade contra a violencia de xénero “a fin de contribuír de maneira decisiva á erradicación desta terrible realidade”.

Cajide advertiu que o presidente da Xunta “está a incumprir tódolos seus compromisos en materia de igualdade” mentres “impulsan leis regresivas como a de Familia, a de Apoio á Muller Embarazada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar