Cada euro que Feijóo lle quita ás políticas sociais condena á pobreza a máis persoas en Galicia

Cada euro que Feijóo lle quita ás políticas sociais condena á pobreza a máis persoas en Galicia

Cada euro que Feijóo lle quita ás políticas sociais condena á pobreza a máis persoas en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo que “cada euro que Feijóo lle quita ás políticas sociais condena á pobreza a mais persoas en Galicia”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno que cumpra o Pacto Galego contra a Pobreza e elabore un Plan contra a Pobreza, que foi rexeitada polo PP.

Gallego criticou que Feijóo lle teña recortado 4.016 millóns de euros aos servizos sociais dende 2009, provocando que “cada vez haxa mais persoas en Galicia que son pobres”. Sinalou que malia aos intentos do presidente da Xunta de agochar a realidade, o Ministerio de Administracións Públicas vén de constatar que o PP provocou o maior recorte de España en traballadores dos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais.

Sinalou que os datos oficiais constatan a intención do presidente da Xunta de “desgastar os servizos públicos” para convertelos á beneficencia, mentres privatiza as partes mais rendibles “para cobrarlles por eles a quen poida pagar, e quen non teña que someterse á misericordia e á caridade”. Así o sinala o Eurostat, que advirte dun incremento da pobreza en Galicia nun 20 por cento con Feijóo.

Explicou que dende 2009 cada vez hai mais repagos e copagos e menos servizos públicos, constatou, aumentando un 69 por cento nos copagos aos dependentes, os prezos das escolas públicas aumentaron nun 70 por cento de promedio, 81.200 nenos e nenas vivían a primeiros de 2013 en fogares en risco de pobreza e exclusión social e os fogares sen ingresos ou con tódolos membros en paro aumentaron un 101 por cento dende 2009.

Criticou que “non se pode tapar o sol cun dedo” en alusión á intención do goberno galego de agochar o recorte de 4.016 millóns de euros aos servizos sociais aumentando o orzamento da Renda de Inserción Social de Galicia –Risga- ata os 42,6 millóns de euros, mentres “cada vez fan que sexa mais tardía, burocratizada e de mais difícil acceso” e eliminando o persoal funcionario encargado de tramitar as axudas.

Denunciou que antes de acabar o prazo para as solicitudes da Risga lles dixeron aos concellos que xa estaban concedidas as axudas, co que “en lugar de traballar pola inclusión están traballando por que os concellos do PP teñan estas axudas”. Cualificou de “indigno, se non ilegal que se resolvan convocatorias de axudas para inclusión laboral de persoas con Risga antes de que remate o propio prazo de presentación das solicitudes”.

Acusou ao PP de “rexeitar sistematicamente” tódalas iniciativas dos socialistas galegos para encetar un plan contra a pobreza “ata que as queixas se converteron nun clamor” denunciado por organizacións como Cáritas, Save The Children, Unicef,o Valedor do Pobo e a Defensora del Pueblo.

Entón, dixo, decidiron aprobar unha iniciativa para abrir os comedores escolares no verán, pero, advertiu “agora sabemos que o que queren é destinar de mais recursos ao Banco de Alimentos, confirmando que prefiren caridade e beneficencia fronte a dereitos”.

Iniciativa

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que repoña os servizos públicos e as prestacións sociais que había en Galicia á chegada de Feijóo ao goberno galego “e que el mesmo cercenou”. O PP opúxose sen embargo a esta iniciativa debatida hoxe para pedirlle ao goberno que elabore un Plan contra a Pobreza, priorice o incremento da protección social e a redución da exclusión e que cumpra co Pacto Galego contra a Pobreza.

A iniciativa reclamáballe tamén ao goberno galego presentar un proxecto de Lei de Inclusión social que garanta “de xeito real e efectivo os dereitos sociais das persoas en risco de exclusión social” posto que a que aprobou o PP en solitario “non serve para resolver a situación actual”. Este texto debera contar co aval dos gobernos locais e das entidades sociais que loitan contra a pobreza en Galicia, así como co conxunto do Terceiro Sector.

Ademais, esixíalle unha atención “especial e prioritaria” á situación da infancia, medidas específicas para o ámbito rural, un plan para as persoas sen fogar e “apoio ás familias con escasos recursos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar