Cabo Fisterra perde o selo de Patrimonio Europeo polo desleixo da Xunta

Cabo Fisterra perde o selo de Patrimonio Europeo polo desleixo da Xunta

Cabo Fisterra perde o selo de Patrimonio Europeo polo desleixo da Xunta

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, dixo hoxe que o desleixo da Xunta ten provocado a inminente perda do selo de Patrimonio Europeo que o Cabo Fisterra viña acadando de forma ininterrompida dende o ano 2007. Caamaño presentou unha pregunta oral na Comisión de Cultura na que lamentou a falla de iniciativa do goberno para restaurar a distinción.

Caamaño lembrou que o selo, concedido para poñer en valor o Promontorio Nerio, contribuíu a converter o Cabo Fisterra nun referente do Camiño de Santiago, e serviu de acicate para encetar unha serie de melloras necesarias nas infraestruturas, o arranxo do conxunto etnográfico de San Guillerme, sinalización ou limpeza.

Sen embargo, dende a chegada de Feijóo ao goberno galego “aquilo foi decaendo ao mesmo ritmo que decae o interese da Xunta por defender o patrimonio de Galicia: en progresión xeométrica acelerada cara á nada”. O resultado é que Fisterra deixou de ser candidata a unha distinción que compartía coa Acrópole ou coa Abadía de Cluny, perdendo ao tempo un importante activo turístico.

Caamaño critica que a Xunta “renunciara a facer ningún plan específico para asegurar, establecer ou manter o proxecto e non perder o selo de Patrimonio Europeo”. Mesmo considera “incomprensible” a “apatía” dun goberno que renuncia a ofrecer ningunha alternativa nin programa para compensar a perda dun activo turístico de primeiro nivel para unha das zonas con mais paro de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar