Caballero cre que Feijóo "debería moverse" para evitar a supresión do tren convencional entre O Porto e Valença

Caballero cre que Feijóo "debería moverse" para evitar a supresión do tren convencional entre O Porto e Valença

Caballero cre que Feijóo "debería moverse" para evitar a supresión do tren convencional entre O Porto e Valença

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "debería moverse" para evitar a supresión da liña de ferrocarril convencional que une Oporto coa localidade fronteiriza de Valença, e esta con Vigo.

En declaracións aos medios durante unha visita a un parque biosaudable, o rexedor vigués recoñeciu que esta liña de tren, que une Oporto coa cidade olívica en algo máis de tres horas, ten un "moi baixo nivel de ocupación", pero subliñou que a súa desaparición é "moi relevante" polos "anos de historia" que ten.

Caballero, que anunciou que exporá o mantemento desta conexión no seo do Eixo Atlántico, aconsellou a Feijóo que "contacte inmediatamente" co "goberno conservador" de Portugal para tentar manter o tren -que desaparecerá en próximos días, segundo anunciou o executivo luso, pola súa falta de rendibilidade-.

Segundo Caballero, esa conexión ferroviaria "débese de manter" e, "do mesmo xeito que o goberno español fai o esforzo", a Xunta debería apoiar esa liña. Así mesmo, engadiu que o ministro de Fomento, José Blanco, "non quere que esa liña desapareza".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar