Caamaño resulta elixido Secretario Xeral da provincia de A Coruña

Caamaño resulta elixido Secretario Xeral da provincia de A Coruña

Caamaño resulta elixido Secretario Xeral da provincia de A Coruña

O exministro obtivo o apoio de 106 delegados, frente aos 37 votos de Lage Tuñas e os 36 de Valentín González

Caamaño destaca “a forza da militancia do PSOE” e trázase como obxectivo as eleccións autonómicas e as municipais

Afirma que o PSOE coruñés sae do congreso cunha “enerxía renovada”

Francisco Caamaño foi elixido esta tarde secretario xeral da Agrupación provincial socialista da Coruña, tras recibir o respaldo dun total de 106 dos 183 delegados acreditados ao Congreso socialista, celebrado hoxe na Coruña.

Despois de que non se lograse un acordo para presentar unha lista unitaria entre as tres candidaturas que concorrían ao congreso durante a mañá, Caamaño obtivo nas votacións 106 votos, preto do 59% dos sufraxios, frente aos 37 votos de José Manuel Lage Tuñas e os 36 de Valentín González Formoso. Computouse tamén un voto en branco.

Na súa primeira intervención como secretario xeral, Francisco Caamaño agradeceu o apoio recibido e subliñou que “hoxe aprendín a forza da militancia do PSOE e que a democracia é máis poderosa que calquer outra cousa. Esa lección recibina de vós, os que estades aquí sentados”.

Enerxía renovada

Caamaño deu as gracias a Lage e a Formoso, que percorreron tamén as 90 agrupacións socialistas da provincia para expor o seu proxecto político á militancia, e trazouse como obxectivo as próximas eleccións autonómicas e municipais. “Imos a gañar ás eleccións á Xunta”, sentenciou, “entre todos imos a mellorar e imos a crecer. Hai unha enerxía renovada nesta sala e esta forza vaise convertir en votos”, proclamou antes de comprometerse a “traballar para que os nosos concelleiros se sintan reforzados”.

Para iso, Caamaño emprazou aos membros da nova executiva provincial que se elixen esta tarde a “camiñar pola provincia” e estar presentes “a pé de obra”, día a día, en todos os concellos para dar conta da “forza do socialismo da Coruña”.

Francisco Caamaño declarouse orgulloso de pertencer ao Partido Socialista “porque hai poucos partidos que fagan un exercicio como o que nós facemos”, en referencia á democracia interna dos procesos orgánicos.

Caamaño substitúe no cargo a Salvador Fernández Moreda, cuxa xestión foi aprobada esta mañá durante o Congreso con 80 votos a favor, 20 en contra e 16 abstencións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar