Caamaño presenta unha oficina parlamentaria para manter contacto permanente cos cidadáns da Coruña

Caamaño presenta unha oficina parlamentaria para manter contacto permanente cos cidadáns da Coruña

Caamaño presenta unha oficina parlamentaria para manter contacto permanente cos cidadáns da Coruña

O deputado no Congreso e presidente dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, presentou á na Coruña a súa Oficina Parlamentaria, coa que pretende manter un “contacto permamente” cos cidadáns e atender persoalmente ou a través de internet as súas demandas.

A iniciativa articularase a través da web www.francaamano.com, que permitirá aos cidadáns da provincia solicitar unha reunión persoal co deputado socialista, mediante un sistema de cita previa, na sede provincial do PSdeG-PSOE da cidade da Coruña ou nas diferentes agrupacións locais da provincia. Ademáis, a web permite coñecer as súas iniciativas parlamementarias no Congreso, e ofrece a posibilidade consultar a súa axenda, un blog persoal, ou de facerlle chegar preguntas vía e-mail.

“Necesitamos un maior contacto dos representantes políticos cos cidadáns e cremos que éste pode ser un instrumento sumamente útil para achegar a política aos cidadáns, e tamén para que os coruñeses se sintan protagonistas da acción política dos seus representantes”, afirmou Caamaño, que recordou que cumpre así un dos compromisos adquiridos co seu electorado durante a campaña das pasadas eleccións xerais.

Caamaño pediu aos cidadánsa súa participación, para que este novo instrumento sexa útil, “porque os problemas dos cidadáns non se poden intuir, e mellor dialogalos e falalos”, e considerou que contribuirá a facer unha democracia “máis participativa, real e efectiva”.

Congreso do PSdeG

Preguntado sobre as posibles candidaturas alternativas á secretaria xeral do PSdeG no Congreso da vindeira fin de semana, Caamaño afirmou que “a gran maioría do socialismo coruñés o que quere é un partido serio e un partido de goberno”, e considerou que o obxectivo do próximo congreso “non son as persoas”, senón elaborar “o mellor programa para Galicia” e elixir “unha executiva onde estean os mellores”.

“Non vou entrar en especulacións que só favorecen ao goberno de Feijóo e á dereita, eu non vou a estar nese xogo”, afirmou Caamaño, que considerou “pouco serio” falar de “futuribles”, porque “o que os cidadáns esperan do PSdeG é un programa de verdade para solucionar os seus problemas”, e un proxecto que aborde os “problemas reais” da xente, “fronte a un goberno que non goberna”.

“O Partido Socialista de Galicia é un partido autónomo e non teledirixido, a algúns gústannos as cousas claras”, engadiu Caamaño, que puxo como exemplo a súa propia posición durante o Congreso Federal de Sevilla, que foi sempre “clara”, “diante dos meus compañeiros e de toda España”.

“Neste momento só hai un candidato á secretaria xeral do PSdeG”, afirmou Caamaño, que se mostrou a a favor da “pluralidade” e da manifestación das distintas sensibilidades que poda haber nunha organización política, pero tamén de que se faga “de xeito ordenado e seguindo os procedementos e os tempos, porque levamos un ano donde cada día hai posibles candidatos alternativos que despois resulta que non son, e a min iso paréceme pouco serio, tanto para as persoas que ás veces se ven implicadas, como para unha organización política que dispón de procedementos e prazos” , sentenciou.

Caamaño lembou que non será delegado no Congreso do PSdeG, pero afirmou que “somos moitos os militantes que pensamos que o importante deste Congreso é ter un programa que nos permita volver a gañar a confianza dos cidadáns de Galicia e dicirlles que outras políticas son posibles”, polo que avogou por “poñernos a traballar nun programa de verdade para Galicia, que nos permita ser alternativa no curto prazo, porque Galicia necesita un PSdeG forte, con ideas, e disposto a estar cos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar