Caamaño pide que o goberno explique se existe un compromiso para rexenerar as Fragas do Eume

Caamaño pide que o goberno explique se existe un compromiso para rexenerar as Fragas do Eume

Caamaño pide que o goberno explique se existe un compromiso para rexenerar as Fragas do Eume

O Grupo Parlamentario Socialista pediu a comparecencia de Arias Cañete para que dea conta das actuacións do Goberno en materia de prevención e extinción de incendios forestais

O deputado pola Coruña Francisco Caamaño rexistrou no Congreso unha iniciativa parlamentaria coa que lle pide ao Goberno que explique se existe un compromiso do Ministerio de Medio Ambiente para levar a cabo accións de rexeneración do Parque Natural Fragas do Eume e, no seu caso, cal é o contido do devandito compromiso.

Caamaño sostén que "até agora o Ministro limitouse a dicir que o Goberno colaborará coa Xunta nas actuacións que esta leve a cabo, pero non realizou un compromiso concreto nin explicou cal será a achega do Ministerio".

O deputado socialista lémbralle a Cañete que "no pasado xa se aprobaron no Congreso medidas, mesmo Decretos Lei, para apoiar danos ambientais". "O Goberno non pode agora pasar no bico dos pés con meras declaracións de intencións ante os danos sufridos nun elemento de gran riqueza ecolóxica como é o Parque Natural Fragas do Eume", afirma.

Por iso, sinala a "seriedade e urxencia coa que se deben adoptar todas as medidas precisas para evitar un mal maior".

Así mesmo, incide na "necesidade de que os gobernos das distintas Administracións Públicas destinen os recursos necesarios para dispor dunha política eficaz de prevención e extinción de incendios, xa que doutro xeito aumentan os riscos de perdas ambientais moitas veces irrecuperables".

Neste sentido, apunta "a conveniencia de realizar unha análise rigorosa das políticas antiincendios de Galicia".

Ademais, o Grupo Socialista no Congreso pediu a comparecencia do Ministro "para dar conta das actuacións do Goberno en relación coa prevención e a extinción de incedios forestais"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar