Caamaño: "O PP pretende reducir os concellos á condición de aldeas galas"

Caamaño: "O PP pretende reducir os concellos á condición de aldeas galas"

Caamaño: "O PP pretende reducir os concellos á condición de aldeas galas"

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso dos Deputados e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, criticou hoxe  “a aposta centralista” do Partido Popular e da Xunta de Galicia, que “pretende reducir aos concellos galegos á condición de aldeas galas: illas que subsisten co mínimo e co que eles mesmos son capaces de xerar”.

Caamaño considerou que “ao PP sóbranlle concellos e deputados, porque en realidade o que lle sobra é a democracia” e criticou o “duro recorte dun 80%” nos fondos do Plan Concertado da Xunta, que costea a axuda domiciliaria e os servizos sociais municipais, “o que supón un ataque directo á política social desenvolvida dende os concellos e pon en risco máis de 3.000 postos de traballo neste sector en Galicia”. “Este é un claro exemplo modelo político do Partido Popular”, sentenciou.

Caamaño fixo estas declaracións durante un acto político do ciclo “Conversas con Caamaño”, celebrado esta tarde na Casa da Cultura de Bergondo, que contou tamén coa participación da alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez; do alcalde de Paderne, César Longo, e do voceiro socialista en Miño e candidato ao Congreso, Manuel Vázquez Faraldo, e no que se analizou a difícil situación económica que atravesan os pequenos concellos en Galicia.

O candidato socialista censurou que o PP “desprecie e marxine ás institucións máis próximas aos cidadáns”, someténdoas a “unha asifixia económica”.

Francisco Caamaño incidiu na importancia dos comicios do vindeiro 20 de novembro e lembrou que “os votos teñen consecuencias máis alá do escrutinio”, polo que os cidadáns deberán optar entre o modelo socialista, que propón “un equilibro entre crecemento e sosteniblidade, entre dereitos e obrigas, entre o público e o privado” ou o modelo do PP, “que propón a volta ao ladrillo e ao pelotazo”.

Caamaño defendeu a aposta do PSOE polos servizos públicos, en especial da sanidade e a educación públicas e os servizos sociais, “nos que o PP recorta sistemáticamente alí onde ten responsabilidades de goberno, incrementando as desigualdades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar