Caamaño lembra a Feijóo que "non convén mezclar a política cos negocios" tras coñecer as adxudicacións da Xunta á empresa da súa irmá

O cabeza de lista pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño, asegurou que “non é convinte mezclar a política cos negocios”, parafraseando a Feijóo. Así o dixo aludindo a información publicada hoxe sobre a adxudicación por parte de Xunta de contratos á irmá de Feijoo por un importe de 1,4 millóns de euros.

Cualificou esta información como “inquietante” e reclamou explicacións ao Presidente da Xunta, ao quen dixo que “agardo que dea explicacións”, e insistiu “que non faga como os contratos de Pemex”.

O candidato socialista sinalou que hai noticias que sorprenden en relación ao Presidente da Xunta “porque primeiro, paseou nun avión privado”, e lembrou unhas palabras que el mesmo lle aplicou a un político, nunha situación semellante. E lembrou as súas palabras literais sinalando que “non é convinte mezclar a política cos negocios”.

Caamaño agardou que “dea as explicacións con naturalidade e que non volva a ocultarnos cousas, como xogar co contrato de Pemex, do que aínda non sabemos nada malia que dixo que o ía amosar”. Advertiu que “vai pasar o mesmo que coa auditoría a favor da fusión das caixas galegas –que tampoco foi feito público-, esa non é a forma de gobernar, nin de ser coherente”, replicou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar