Caamaño destaca que o PSdeG-PSOE creará 25.000 bolsas de traballo destinadas aos máis novos para fomentar a empregabilidade xuvenil

Caamaño destaca que o PSdeG-PSOE creará 25.000 bolsas de traballo destinadas aos máis novos para fomentar a empregabilidade xuvenil

Caamaño destaca que o PSdeG-PSOE creará 25.000 bolsas de traballo destinadas aos máis novos para fomentar a empregabilidade xuvenil

Durante un encontro con xóvenes en Ferrol, Francisco Caamaño detallou unha das propostas máis salientables do programa do PSdeG-PSOE destinada a incrementar a empregabilidade xuvenil. Trátase da creación, no horizonte da próxima lexislatura, de ata 25.000 bolsas de emprego dirixidas a favorecer que os xóvenes galegos poidan entrar en contaco coa realidade laboral.

“Non se trata de postos de traballo”, matizou Caamaño, porque aos socialistas “non nos gusta prometer o que non podemos cumprir”, senón de “bolsas para fomentar a inserción laboral” e para que os mozos e mozas mellor preparados “poidan coñecer a realidade do mundo empresarial”.

Trátase dunha medida racional de acordo aos recursos dispoñibles, segundo concretou Caamaño, que tería un impacto económico duns 65 millóns de euros. “E nunha Xunta con máis de 9.000 euros de orzamento, ten que poder facerse unha medida deste tipo” – agregou Caamaño- quen amosou, ademais, o seu convencemento de que os empresarios valorarán esta iniciativa no contexto actual, posto que lles permitirá contar no seu seo con persoal cualificado sufragado desde a Administración autonómica.

Preto de 23.000 licenciados sen posto de traballo
No decurso da súa intervención, o cabeza de lista socialista pola Coruña fixo fincapé en que se trata dunha medida plausible posto que “este país non soporta nin un día máis promesas que non se poidan cumprir”. Deste xeito, axudarase a favorecer a empregabilidade dos preto de 23.000 licenciados universitarios galegos que actualmente non contan cun posto de traballo.

Ademais, Francisco Caamaño puxo de manifesto a vontade dos socialistas de incrementar as bolsas para estudos no exterior e asegurou que o PSdeG-PSOE fixará, en caso de gobernar Galicia, o custos das matrículas universitarias segundo tramos de renda de xeito que poidan ser de balde para aqueles que non dispoñan de recursos económicos.

Abolición de espazos de participación cidadá

Tamén se referiu Caamaño en Ferrol ao que considera unha abolición, por parte da dereita, de “escenarios de participación cidadá”. Para o número un da candidatura socialista coruñesa, desde que Galicia é gobernada pola dereita son moitos os espazos de mobilización e de decisión que viron mermadas as súas funcións, desde “o Parlamento” ata “os consellos escolares”.

Por iso, Caamaño fixo un chamamento aos máis novos para que non permitan que se continúen limitando estes espazos. “A xente nova é a que vai construír o futuro e é fundamental contar con ela sobre todo na política”, sinalou.

Dúas mentiras da dereita: déficit e sistema fiscal

Por outra banda, Francisco Caamaño desmontou ante as Xuventudes Socialistas de Ferrol o que considera dúas das grandes mentiras da dereita. Dunha parte, sinalar que “a crise é consecuencia da débeda” e non “ao revés”. Neste sentido, Caamaño destacou que cando se orixina a crise, en 2007, en España hai superávit orzamentario e “non se debe nada a ninguén” e a débeda pública existente “é a terceira parte da que existe en Alemaña”.

Porén, a crise e as necesidades para facerlle fronte disparan a débeda pública. “Dinos o PP que hai que axustar para pagar preto de 40.000 millóns de intereses xerados pola débeda” pero non nos di que esa débeda se orixina por políticas que “eles defenden” en toda Europa e que son “os que nos abocaron a esta situación”.

A segunda gran mentira da dereita ten que ver, segundo Caamaño, co modelo fiscal imperante en España. O país necesita “unha reforma fiscal en profundidade” porque non pode ser que as “rendas do traballo supoñan o 80 por cento da recadación e que a dereita non recade prácticamente nada por sociedades”. Isto fai, tal e como destacou Caamaño, que sexa nos traballadores e “nas clases medias” nas que recaia a maior carga fiscal. “Hai que traballar para ter un sistema fiscal que reparta moitísimo máis as cargas”, destacou.

Polo tanto, para Caamaño hai dúas mentiras que a dereita contribuíu a forxar: “que o déficit nos levou á crise e que non se pode recadar máis”. “O que queren –concluíu- é asfixiar ás clases medias do noso país”. Por iso, “hai que mudar o sistema impositivo”.
Non somos iguais

Para Francisco Caamaño, os socialistas non son iguais á dereita. “Non somos iguais. Hai políticos que queremos cambiar as cousas. A forza da xente está no voto, está na política”, subliñou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar