Caamaño denuncia “o abandono” do sector lácteo galego e afirma que os socialistas devolveránlle “o seu carácter estratéxico”

Caamaño denuncia “o abandono” do sector lácteo galego e afirma que os socialistas devolveránlle “o seu carácter estratéxico”

Caamaño denuncia “o abandono” do sector lácteo galego e afirma que os socialistas devolveránlle “o seu carácter estratéxico”

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do 21 de outubro, Francisco Caamaño, denunciou “o abandono” ao que o goberno Feijoo someteu ás explotacións gandeiras e ao sector lácteo galego durante estes tres anos, e subliñou que para os socialistas “será prioritario” polo “carácter estratéxico” do mesmo, pois del dependen máis de 500.000 persoas e o 30% dos concellos do rural.

O candidato socialista afirmou que o “contrato de mínimos” que propón o Goberno para paliar a crise de prezos do sector lácteo “non é unha solución” para as máis de 11.000 explotacións existentes en Galicia e propuxo a “creación dunha liña de financiación específica” para refinanciar as débedas e investimentos dunhas explotacións “que requiren altísimos investimentos e que están na actualidade ao límite e incluso por debaixo dos niveis de rendabilidade”.

Caamaño fixo estas afirmacións durante a visita que realizou esta mañá á Finca Carreira, unha explotación gandeira con 80 cabezas de gando vacún leiteiro no núcleo de Salgueiroas (Santa Comba), na que estivo acompañado polo voceiro socialista da localidade, José Antonio Ucha Velo.

Caamaño escoitou algunhas das principais demandas e necesidades do sector, moi afectado polos baixos prezos que se pagan aos produtores, pola competencia dos distribuidores e polo incremento do custe dos pensos, atención veterinaria, etc., que “poñen en perigo a viabilidade de moitas explotacións”, e comprometeuse a impulsar desde o goberno galego mecanismos que favorezan que “os produtores participen na industria de transformación para diversificar e aumentar a súa oferta con outros productos lácteos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar