Caamaño chama a poñer fin á maioría absoluta de Feijóo porque non escoitou a Galicia nos últimos catro anos

Caamaño chama a poñer fin á maioría absoluta de Feijóo porque non escoitou a Galicia nos últimos catro anos

Caamaño chama a poñer fin á maioría absoluta de Feijóo porque non escoitou a Galicia nos últimos catro anos

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, e o número tres da candidatura provincial, José Luis Méndez Romeu ofreceron un mitín nas rúas da Coruña, fronte ao obelisco, no que puxeron de manifesto a campaña de “contacto coa xente” que estivo a facer o PSdeG durante as dúas últimas semanas. No transcurso da súa intervención, Caamaño animou aos cidadáns a “poñer fin a maioría absoluta de Feijóo” porque será o primeiro paso para “poñer fin á maioría absoluta de Rajoy”. Isto debe ser así, segundo Caamaño, porque ao contrario do que fan os socialistas “o goberno de Feijóo non escoitou a Galicia” na última lexislatura.

Caamaño expuxo o gusto do PP polo “ordeno e mando” e por gobernar “a golpe de decreto lei”. Para poñer fin a esas prácticas e para que os galegos “teñan voz nas institucións”, animou aos cidadáns a votar pola alternativa do PSdeG. “Temos capacidade, temos proxecto para entablar o diálogo e para abrir unha senda nova para Galicia e para todos os homes e mulleres deste país”, dixo Caamaño en referencia ao proxecto socialista.

O candidato convidou aos cidadáns, antes de votar, a pensar “cando vivían mellor, se antes ou despois da chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta”. “Estou convencido de que se son sinceros consigo mesmos haberá un cambio en Galicia”, apostilou.

A prol dun Goberno que escoite os problemas da xente

Na súa alocución, Caamaño expresou a necesidade de que Galicia conte cun Goberno, a partir do día 21 de outubro, que escoite os problemas da xente. Porque, segundo sinalou, a Xunta de Alberto Núñez Feijóo non esocoitou nos últimos anos a ninguén: nin ás xentes do mar, nin ao sector gandeiro, nin ao naval galego nin os problemas dos pensionistas ou da xente nova.

“Necesitamos un goberno que escoite e que fale, un goberno que dialogue e a forza do noso voto pode elevar no Parlamento a voz dos homes e mulleres deste país, unha voz que sexa escoitada por un goberno disposto a traballar e que non nos ignore día a día e hora tras hora”, sinalou Caamaño.

Para finalizar, o candidato socialista fixo unha referencia a versos de Rosalía de Castro para trasladar a súa mensaxe electoral aos galegos. En opinión de Caamaño, é preciso lembrar aquelo de “se cantas es ti que cantas” pero “se choras es ti que choras”. “Nós, cada un de nós cos nosos votos e cos nosos dereitos podemos ter un goberno que nos escoite, podemos construír unha Galicia que camiñe cara ao futuro e desfacernos da negra sombra e das políticas do PP”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar