Caamaño avoga por impulsar dende a Xunta políticas de crecemento para frear "o gran drama do desemprego"

Caamaño avoga por impulsar dende a Xunta políticas de crecemento para frear "o gran drama do desemprego"

Caamaño avoga por impulsar dende a Xunta políticas de crecemento para frear "o gran drama do desemprego"

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións do 21 de outubro, Francisco Caamaño, apostou hoxe por impulsar, dende o Goberno galego “políticas de crecemento que contribúan a xerar emprego”, porque “o gran drama deste país non é o déficit, é o desemprego”.

“En Galicia temos un presidente que presume de solvencia e unha administración que só se preocupa de recortar e recortar mentres xera cada día 30 novos parados só na provincia da Coruña e se recortan 1.900 millóns de euros para políticas activas de empergo nos Presupostos Xerais do Estado”, afirmou Caamaño, que considerou que, de seguir nesa senda, “poderemos ser os máis solventes do cemiterio, pero iso non sirve para nada, porque hai que gobernar pensando nas persoas”.

O candidato socialista dixo que “nestes momentos de dificultade económica, a Xunta debería apostar por proxectos empresariais que xeren futuro, e non só por unha política de recorte tras recorte que non conduce a nada” e criticou a falta de apoio a iniciativas empresariais viables e aos emprendedores. “Non basta dicir vou facer unha lei de emprendedores, hai que dotala de financiamento”, afirmou.

Caamaño fixo estas declaracións durante a visita que realizou esta mañá ao Forno Lamastelle, unha empresa xestionada polo grupo COGAMI en Montrove (Oleiros) na que traballan 71 persoas, a maioría delas con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial, e que produce cada mes 60.000 kgs. de empanada, ademáis de tartas de Santiago e outros productos de panadería e repostería que se comercializan en toda España e incluso se exportan ao extranxeiro.

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses, que estivo acompañado polos candidatos José Luís Méndez Romeu e Mariam Ferreiro; polo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga; o vicepresidente da entidade, Ramón Sestayo ; o xerente da factoría, Ramón Dourado e a voceira do PSdeG no concello de Oleiros, Ana Rey; calificou a empresa de “exemplar e moi competitiva” e subliñou a importante labor social que desenvolve para a integración laboral das persoas con discapacidade.

Participación pública no accionariado de proxectos empresariais
Francisco Caamaño considerou que o goberno de Feijoo “non apoia as boas ideas e as iniciativas empresariais” e avogou por “crear liñas de crédito dende a Xunta para apoiar proxectos viables e fiables”, de xeito que “en lugar de dar subvencións a fondo perdido ou outras formas tradicionais de achegar cartos dende o sector público, as administracións sexan verdadeiras accionistas deses proxectos empresariais, participen activamente neles e xeren emprego, o que permitiría ademáis, se o proxecto é rentable, xerar unha nova fonte de ingresos”, afirmou.

O nº 1 dos socialistas coruñeses subliñou que é necesario “implementar políticas de consolidación fiscal, evitar duplicidades e reestructurar o sector público”, pero considerou que “á vez temos que ter presente que o importante é xerar emprego e crecemento cun modelo que non pode estar baseado no ladrillo, por iso son tan importantes visitas como ésta nas que vemos como se pode facer un produto aquí en Oleiros e comercializalo despois en todo o mundo”, facilitando ademáis a inserción laboral das persoas con dicapacidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar