Caamaño apela ao "poder transformador do voto" para combater "as políticas antisociais do PP"

Caamaño apela ao "poder transformador do voto" para combater "as políticas antisociais do PP"

Caamaño apela ao "poder transformador do voto" para combater "as políticas antisociais do PP"

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas, Francisco Caamaño, participou nun acto de entrega de material electoral nas rúas da Coruña e aproveitou a ocasión para apelar ao “poder transformador do voto”. Segundo Caamaño, é fundamental que os cidadáns canalicen o seu “descontento” cos que gobernan a través da urnas, posto que así se poderán combater verdadeiramente as “políticas antisociais do PP”.

“Os socialistas estamos na rúa para buscar o contacto coas persoas e explicarlles a forza que ten o voto”, sinalou Caamaño. “Non basta con estar manifestándose ou queixándose en Twitter”, engadiu. “O que hai que facer é transformar ese descontento, ese desánimo co Goberno de España e de Galicia e coas políticas antisociais do PP a través do voto”, concluíu.

O PSdeG-PSOE representa a alternativa

Para Francisco Caamaño, o Partido Socialista representa a alternativa en Galicia e o vindeiro día 21 de outubro os cidadáns poderán decidir se queren seguir vivindo “costa abaixo” ou comezar “a ter unha fiestra aberta, un pouco de esperanza”.

Segundo o cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola Coruña, a “enquisa de verdade é aquela que se fai precisamente cando un ten que poñer a papeleta na urna e pensa como quere vivir os vindeiros 4 anos”. “Non vale con quedarse na casa, con criticar á política a través das redes sociais. Isto axuda a demostrar que o país non está contento pero o fundamental é votar unha alternativa o próximo día 21”, finalizou.

Novo material electoral

O novo material electoral repartido hoxe polos socialistas coruñeses baixo o eslogan “o poder do teu voto” fai fincapé na relevancia de participar nos comicios defendendo a utilidade do voto baixo sete argumentos:

Para que paguen a crise os responsables dela

Para que paguen máis, os que máis teñen

Para que non te enganen

Para crear emprego

Para eliminar o copago farmacéutico aos mayores

Para recuperar a gratuidade dos libros de texto

Para chegar a fin de mes

Xunto a Caamaño participaron no reparto de material electoral outros membros da candidatura socialista na provincia da Coruña como José Luis Méndez Romeu, Emilio Vázquez Blanco ou Marián Ferreiro Vidarte.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Carlos
    Outubro 15, 2012 a 14:07

    Propongo el siguiente cartel electoral

    Mortadelo y Pokémon
    Agencia de manipulación

    Lara & Feij007

Deixar a resposta

Pechar