Caamaño alerta do estado de “ruína” de boa parte dos Bens de Interese Cultural galegos e esíxenlle á Xunta que actualice o catálogo

Caamaño alerta do estado de “ruína” de boa parte dos Bens de Interese Cultural galegos e esíxenlle á Xunta que actualice o catálogo

Caamaño alerta do estado de “ruína” de boa parte dos Bens de Interese Cultural galegos e esíxenlle á Xunta que actualice o catálogo

Francisco Caamaño anuncia unha Lei para que a Xunta poña ao día o listado de BIC´s e alerta que mais da terceira parte “xa non existen”

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, alertou hoxe o estado de “ruína” de boa parte dos Bens de Interese Cultural de Galicia. O responsable socialista denunciou en rolda de prensa o desinterese da Xunta polo patrimonio galego, mantendo catalogados monumentos “que xa non existen e no seu lugar atopamos apenas prados e silveiras”.

Caamaño dixo que esta é a situación dunha terceira parte dos bens declarados BIC de Galicia, un 35 por cento no caso da provincia da Coruña, porque a Xunta “non inspecciona” e falla no mantemento do patrimonio galego. Logo de presentar unha batería de preguntas sobre os bens BIC, evidenciou que o listado “está sen actualizar, é meramente acumulativo e sen garantías de que o que figura realmente exista”.

Os socialistas presentarán por este motivo unha proposición de Lei para levar adiante unha reforma puntual da Lei de Patrimonio de Galicia e evitar estas situacións. Explicou que a proposta consistirá en establecer por Lei inspeccións anuais dos bens declarados BIC por parte do goberno galego, co obxecto de actualizar o catálogo.

Sinalou que “esta é unha das peores imaxes que podemos dar como autonomía supostamente preocupada polo seu patrimonio” e constitúe a consecuencia dunha norma autonómica demasiado lixeira.

Ademais quere obrigar aos propietarios privados a dar conta do estado dos bens, dos horarios de visita e como cumpren coas súas obrigas, impedindo que aqueles que incumpran poidan contar con cartos públicos para a súa rehabilitación.

Zona de risco

Advertiu que as organizacións encargadas do patrimonio teñen situado a Galicia en “zona de risco” polo deterioro dos monumentos, que mesmo en algúns casos “non existen, e nos atopamos con que as pedras foron empregadas para alzar unha muralla nunha finca a 400 metros”.

Caamaño fíxose eco hoxe da alerta posta sobre 10 elementos básicos de Galicia en grave perigo, tal e como reflicte a web de “Hispania Nostra”, como son o dolmen de Mouxosa, o mosteiro de Santa María de Monfero, o sanatorio de Cesuras, o mosteiro de San Paio de Albeos, en Crecente, o mosteiro de Bo Xesús de Trandeiras, o mosteiro de San Pelaio ou o castelo de Pambre, en Palas de Rei.

Estes son sen embargo só uns poucos dos moitos monumentos galegos en estado “de ruína” entre os que citou a Torre Penela, o Peto Bordel, o Castelo do Cardenal, o Pazo de Bazán, a Torre de Andabao, o Castelo do Príncipe, a Torre de Nogueira, as Torres de Fruzo ou as Torres de Saión, entre outros.

Bens da Igrexa

Censurou que mentres tanto o goberno galego tan só teña ollos para poñer en valor a rehabilitación de bens que pertencen á Igrexa, obviando a existencia de dun amplo catálogo de obra civil. Criticou así que o goberno galego teña organizado o “Ciclo Monumenta: difusión do patrimonio restaurado” exclusivamente centrado en obras da Igrexa católica.

Amosou a súa “sorpresa” polo feito de que o diñeiro público sexa empregado “para poñer en valor tan só as rehabilitacións da Igrexa”, mentres o resto das obras “si se fan non se din, ou ben se fan menos”.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. Al
    Abril 7, 2014 a 18:29

    A xunta está destrozando nestes momentos o maior Castelo-Fortaleza de Galicia, o Castelo de Monterrei. Tal e como anunciou o propio Feijoo en rolda de prensa xuntio coa directora xeral de Paradores, pensa trasladar o Parador, que se atopa a 500 metros do Castelo a esta nova ubicación. Para elo estan realizando obras sen consentemento, remodelando interiormente o BIC e destrozando coas obras parte do m onumento. Ademais incumplen as condicións da cesión que o Estado fixo á Xunta: convertila Fortaleza nun centro “con destino a Centro de divulgación, innovación y promoción de la moda, el vino y las aguas medicinales de la comarca, restauración y musealización de los edificios y archivo de las tradiciones de la frontera y puebles próximos”.
    Os veciños da Comarca de Monterrei-Verin, estámonos a preguntar porqué ningún representante do povo no Parlamento de Galicia e no do Estado plantexan al iniciativas pertinentes para parar esta desfeita.

  2. Al
    Abril 7, 2014 a 18:32

    Esquenciame comentar que trasladei a problematica de Monterrei aos rparlamentarios do PSOE do Parlamento Europeo, pois as obras contan con orzamento do FEDER é despois de 15 días ainda non tiveron a delicadeza de facer acuse de recibo. Preguntome si é así como pensan facer campaña electoral….

Deixar a resposta

Pechar