Caamaño afirma que os socialistas vencerán ás enquisas, “porque en Galicia xa sabemos a onde conducen as políticas do PP”

Caamaño afirma que os socialistas vencerán ás enquisas, “porque en Galicia xa sabemos a onde conducen as políticas do PP”

Caamaño afirma que os socialistas vencerán ás enquisas, “porque en Galicia xa sabemos a onde conducen as políticas do PP”

A praza de Pablo Iglesias, na cidade da Coruña, acolleu  a presentación das candidaturas socialistas ao Congreso e o Senado pola provincia, “un equipo humano compacto, con distintas sensiblidades que reflicten as distintas preocupacións desta provincia” e “cargado de ilusións para achegarnos aos cidadáns e pedirlles a súa confianza”, segundo afirmou o cabeza de lista ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

O candidato socialista explicou que o obxectivo dos socialistas nesta campaña será “loitar decididamente contra as enquisas” e “incrementar os apoios que tivemos nas últimas eleccións”, algo que considerou posible debido a que “en Galicia, a diferencia de outros lugares de España, xa levamos dous anos e medio sabendo a onde conducen as políticas do Partido Popular”.

Neste sentido, Francisco Caamaño criticou a actitude de Núñez Feijoo, “que fuxe de dar explicacións ante os problemas de Galicia, que medran día a día” en aspectos tan importantes para os cidadáns como a educación ou a sanidade.

Candidatos socialistas

A candidatura socialista ao Congreso pola provincia da Coruña está integrada por Francisco Caamaño Domínguez, Miguel Cortizo Nieto, Paloma Rodríguez Vázquez, Noemí Fernández Calveiro, María Flor Lago Méndez, Ricardo García Mira, Isabel Vuelta González e Manuel Vázquez Faraldo.

Como suplentes figuran Raquel Bolaño Fariña, Miguel Ángel Buján Varela, Zora Leis Barcia, Humberto Creus Andrade, Mª Carmen Fernández Reboredo, Inés Cagide Val, Sandra Pena Barbeito, Alberto Piñeiro Otero, Juan Penabad Muras e José Antonio Ucha Velo.

Os candidatos ao Senado serán Javier Losada de Azpiazu (suplentes Martín Giménez Calviño e Ana Mª Domínguez Laíño), Inés Rey García (suplentes Rafael Fernández Beceiro e Ana Páramos Cebey),  e María Gude Sampedro (suplentes Florencio Cardador Canelo e Ana Rey Pérez).

Ambas as dúas candidaturas foron entregadas esta mañá ante a Xunta Electoral Provincial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar