Caamaño afirma que os orzamentos "recortan sobre o recortado"

Caamaño afirma que os orzamentos "recortan sobre o recortado"

Caamaño afirma que os orzamentos "recortan sobre o recortado"

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do 21 de outubro, Francisco Caamaño, afirmou que os Presupostos Xerais do Estado para 2013, “recortan sobre o recortado” e “discriminan claramente á provincia da Coruña”, que recibirá no vindeiro exercicio uns 243 millóns de euros, un 23% menos que en 2012, e un 59% menos que o investido na provincia polo goberno de Zapatero, que en 2011 destinou 602 millóns de euros á provincia da Coruña.

“Se a resposta de Rajoy aos recortes son máis recortes, cal é a pregunta?”, ironizou Caamaño, que considerou que esa senda emprendida polo Partido Popular conducirá irremediablemente a xerar “máis recesión e máis paro”.

Francisco Caamaño subliñou que o investimento medio por habitante na provincia coruñesa será de 212 euros, fronte á media galega de 468 euros, “o que supón unha clara discriminación para esta provincia, que volve a ser unha das máis perxudicadas polos Presupostos Xerais do Estado”, en relación ao seu peso socioeconómico e poboación.

O candidato socialista, que participou esta mañá nun reparto de material electoral na feira de Melide, apuntou que o investimento de Fomento na provincia recórtase nun 45% na provincia e considerou que os orzamentos do goberno de Rajoy “esquecen ou alonxan no tempo algúns dos principais investimentos produtivos e estratéxicos para a provincia”, como a conexión ferroviaria cos portos exteriores da Coruña e Ferrol, que reciben “partidas simbólicas” de 50.000 e 250.000 euros, respectivamente; a Terceira Ronda coruñesa, que pasa dos 35 millóns previstos o ano pasado a só 25 millóns; a ampliación da avenida Alfonso Molina da Coruña e o túnel de Conxo en Santiago, con só 100.000 euros para cada obra; ou as variantes de Ordes e Padrón, para as que se esperaba un investimento de 1,5 millóns, que finalmente será de 15.000 euros.

No “abultado apartado de omisións” dos PXE 2013, Caamaño destacou a ausencia de presuposto para o dique flotante que demanda o sector naval de Ferrol, os “cero euros” destinados, un ano máis, para os saneamentos da rías do Burgo (A Coruña) e Ferrol; e a falta de asignación orzamentaria para proxectos como a nova terminal do aeroporto de Alvedro e a estación intermodal da Coruña.

O candidato socialista afirmou que os presupostos de Rajoy para 2013 “volverán a recortar duramente na área social”, cunha diminución global das partidas destinadas a sanidade, política social e educación de preto do 15% e un recorte de 48 millóns en becas.

Potenciar os mercados populares

Na súa visita á feira de Melide, o candidato socialista apostou tamén por “potenciar as feiras e mercados populares”, como “centros de intercambio económico, especialmente importantes no eido rural”, nos que a xente pode dar saída ás súas produccións artesanais e domésticas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar