Caamaño afirma que os contratos de Pemex non suplen a necesidade de contratar un dique flotante

Caamaño afirma que os contratos de Pemex non suplen a necesidade de contratar un dique flotante

Caamaño afirma que os contratos de Pemex non suplen a necesidade de contratar un dique flotante

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, dixo que os contratos asinados por Pemex con Barreras e Navantia “non suplen a necesidade de contratar un dique flotante, como reclama o propio sector”.

Caamaño reclamou “non confundir a realidade cos tempos electorais” sobre o anuncio do contrato, o que subliñou lembrando a canción “había unha vez un barquito chiquitito...” , si ben puntualizou que constitúe “unha boa noticia” para o emprego nos estaleiros de Vigo e Ferrol.

Insistiu que “me temo que os dous floteles non son a solución para o futuro”, por iso avogou por “consolidar a viabilidade do naval galego, xa que ten unha das mellores enxeñerías, capacidades constructivas e traballadores especializados”.

A maiores defendeu o dique flotante como “unha gran oportunidade para investir en I+D+i, e dotar a ríaa de Ferrol dunha infraestructura única”, que non só serviría para reparar buques de gran tamaño senón tamén para actuar en “catástrofes medioambientales ou grandes manobras no mar”.

Tamén lembrou a necesidade de buscar unha alternativa ao tax-lease para os astilleros do sur da comunidade, “xa que un novo sistema de cofinanciación autorizado pola Unión Europea permitiría que houbese non un só contrato, senón moitos máis”, insistiu.

Caamaño e Xosé Sánchez Bugallo mantiveron, hoxe en Santiago, unha xuntanza de traballo cos representantes comarcas de UXT e CCOO, co fin de coñecer as súas propostas e preocupacións. Sinalaron que na Comarca de Compostela a cifra de parados supera os 23.000, e aseguraron que estes números incrementáronse no mes de agosto “polo tanto o sector turístico non compensou a perdida de emprego”, como viña sendo habitual.

Sinalaron que a visión exposta polos sindicatos sobre a realidade laboral de Galicia “desborda o noso contexto”. Advertiron ademais que cos recortes do Goberno de Feijoo na paga de extra de Nadal aos funcionarios “a comarca de Santiago, eminentemente poboada de empregados públicos, deixara de ter unha inversión de entre 18 a 25 millóns de euros menos”. Por iso emprazou ao executivo “a atopar unha solución e facer políticas realistas publicas” dada a súa estructura. E insistiu nas súas criticas “en Galicia ninguén planifica estas medidas”.

Loita contra o desemprego

Pola súa banda o candidato socialistas pola Comarca de Compostela Xose A. Sánchez Bugallo dixo que os recortes da administración publica esta afectando a miles de servicios como sector turístico e o da construcción. E augurou que as cifras no paro na Comarca de Compostela no mes de setembro “van a medrar moi significativamente”.

Sobre o sector agrario dixo que “é a primeira vez que un quilo de pienso custa mais que un litro de leite” e advertiu que as explotacións galegas están chegando a un escenario “que canto mais producen, mais perden”.

Fronte a este panorama criticou a falla de iniciativas do Goberno de Feijoo “que deben estar reorientadas a facilitar a recuperación da inversión, a manter a actividade económica ou promover novos espazos competitivos”. Por ultimo asegurou que a principal preocupación do PSdeG-PSOE “é a loita contra o desemprego e a creación de postos de traballo”, principalmente para os mais mozos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar