Caamaño afirma que “o cambio en Galicia só será posible cun goberno liderado polo PSdeG” e pide “a forza dos votos” para “frenar a Feijoo e a Rajoy”

Caamaño afirma que “o cambio en Galicia só será posible cun goberno liderado polo PSdeG” e pide “a forza dos votos” para “frenar a Feijoo e a Rajoy”

Caamaño afirma que “o cambio en Galicia só será posible cun goberno liderado polo PSdeG” e pide “a forza dos votos” para “frenar a Feijoo e a Rajoy”

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, afirmou que “o cambio en Galicia solo será posible cun goberno liderado polo PSdeG”, polo que pediu aos cidadáns que lle otorguen aos socialistas “toda a forza dos seus votos” para “construír dende a esquerda unha alternativa que frene a Feijoo, a Rajoy e a Merkel”, e que goberne “pensando nas persoas”.

“A única alternativa real de cambio en Galicia é a que representa o PSdeG”, sentenciou Caamaño, que pediu “un respaldo forte” dos galegos e as galegas ao Partido Socialista o vindeiro 21 de outubro “para facelo posible”.

O candidato socialista, que participou esta noite na Coruña no tradicional acto de pegada de carteis na rúa, xunto ao candidato nº 2 da provincia, José Luís Méndez Romeu, a voceira socialista no concello da Coruña, Mar Barcón; o senador Javier Losada, o voceiro socialista na Deputación, Salvador Fernández Moreda, e numerosos candidatos e militantes do PSdeG coruñés; afirmou que “hoxe comezamos a campaña cheos de ilusión polo cambio, porque o próximo cartel que vamos a pegar vai a ser o do nome de Pachi Vázquez na porta do despacho do presidente da Xunta” e instou aos socialistas “a traballar para explicar aos galegos que é posible vencer á dereita”.

Se votas por Feijoo, votas contra ti

“Se votas por Feijoo, votas contra ti”, sentenciou o candidato socialista, que considerou que cada voto ao PP “é un voto contra a túa saúde, contra a túa pensión, contra a educación dos teus fillos, e contra o teu emprego”; polo que pediu aos desencantados e aos afectados polas políticas de recortes de Feijoo a súa confianza para “demostrar que é posible outra forma de gobernar, na que os máis débiles non sexan os que paguen a crise”.

Insta a Feijoo a “non mesturar a política cos negocios”

Sobre o caso “Novo Paxariño”, o cabeza de lista dos socialistas coruñeses criticou duramente que Feijoo usara o avión privado dun empresario para desplazarse entre Buenos Aires e Montevideo durante a súa visita a Sudamérica o pasado mes de setembro, porque “o presidente da Xunta, que é o de todos os galegos, non pode nin debe volar en jets privados de millonarios” e lembrou que a exministra francesa de Asuntos Exteriores, Michelle Elliot-Marie “dimitiu do seu cargo por ter aceptado este tipo de agasallos por parte dun millonario tunecino”.

Caamaño lembrou tamén a polémica levantada en 2009 tras a publicación dunha fotografía de Anxo Quintana a bordo do iate dun empresario galego, e pediu a Feijoo que “sexa coherente” e “se aplique sí mesmo o que entón dixo de Quintana”, e que polo tanto “non mesture a política cos negocios”.

Sobre este tema, o candidato socialista esixiu a Feijoo e ao PP “explicacións” sobre “quén e cómo” se financiou o coste do vóo e se houbo ou hai algunha contrapartida a cambio, porque no caso de ser unha viaxe oficial é inadmisible que un presidente viaxe nun avión privado, e se é unha viaxe de partido podería constituír unha doazón ilegal ao Partido Popular.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar