Caamaño: "Os 70 xóvenes que emigran cada día é unha sangría que Galicia non se pode permitir”

Caamaño: "Os 70 xóvenes que emigran cada día é unha sangría que Galicia non se pode permitir”

Caamaño: "Os 70 xóvenes que emigran cada día é unha sangría que Galicia non se pode permitir”

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro, Francisco Caamaño, afirmou en Narón que os 70 xóvenes galegos que emigran cada día “é unha sangría que Galicia non se pode pemitir”.

Durante un encontro con colectivos de inmigrantes naroneses, no que estivo acompañado pola portavoz do PSdeG na localidade, Catalina García, Caamaño afirmou que Galicia é un pobo “solidario” cos inmigrantes que “coñece ben” o fenómeno da emigración, pois foron moitos os galegos que tiveron que buscar un futuro fóra de Galicia e de España, un fenómeno que “agora volve a darse coa xeración máis preparada da nosa historia”.

O candidato socialista criticou os “recortes de dereitos e servizos” ao colectivo de inmigrantes por parte dos gobernos de Feijoo e Rajoy. “A dereita quere que os inmigrantes estén ahí, que convivan con nós, que coiden dos nosos maiores, que coticen á seguridade social,…pero que non se vexan”, sentenciou Caamaño, que criticou o feito de que se lles retire o dereito á asistencia sanitaria e dixo que a solidariedade do persoal sanitario e dos españois “non o vai a permitir”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar