Caamaño advirte que Feijóo é "unha cigarra disfrazada de formiga" e critica a súa xestión económica

Caamaño advirte que Feijóo é "unha cigarra disfrazada de formiga" e critica a súa xestión económica

Caamaño advirte que Feijóo é "unha cigarra disfrazada de formiga" e critica a súa xestión económica

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro, Francisco Caamaño, expresou a “preocupación” dos socialistas polo espectacular incremento da débeda pública e do déficit de Galicia durante o mandato de Alberto Núñez Feijoo.

Segundo explicou o socialista, Galicia é actualmente a quinta comunidade máis endebedada de España, cunha débeda pública que ascende a 7.600 millóns de euros e “que se ten duplicado nos últimos catro anos; é dicir Feijoo foi quen de xerar máis débeda pública para Galicia que a suma do resto dos gobernos que houbo na comunidade autónoma ata agora”.

Isto supón, segundo explicou, que “cada galego debe en torno aos 2.800 euros”, un dato que considerou “preocupante” ante a difícil situación económica e de desemprego que atravesa Galicia.

Caamaño criticou tamén que o goberno de Feijoo adiantara ao mes de setembro o peche do prazo de presentación de facturas para os exercicios orzamentarios de 2010 e 2011, “o que supón que descoñecemos cal é a débeda real da comunidade”.

“Á vista das contas da nosa comunidade, Feijoo é en realidade unha cigarra disfrazada de formiga”, afirmou Caamaño.

Ocultación de informes do concurso eólico

Francisco Caamaño referiuse tamén á ocultación, por parte do goberno de Feijoo, dunha serie de informes vinculados ao procedemento de execución do concurso eólico.

“Xa sabemos o que ten pasado co noso país, de ser Galicia un dos lugares que lideraba a enerxía eólica e dos máis avanzados no mundo nesta materia, temos agora a Gamesa cun ERE e a Emesa pechada, e un plan eólico que ía a traer a Galicia 13.000 postos de traballo e 6.500 millóns de euros de investimento, anulado polos tribunais”, afirmou Caamaño, que considerou que “non houbo ningún problema xurídico para paralizar o concurso, como dixo a Xunta” e que “só a conveniencia política levou a Feijoo a adoptar esa decisión, polo que o TSXG apreciou desviación de poder”.

Caamaño censurou que “do mesmo xeito que hai un informe sobre a fusión das caixas que segue sen ser coñecido polo Parlamento de Galicia, hai unha serie de informes que foron deliberadamente subtraídos por mandato da Xunta, ocultando información aos cidadáns é as demais empresas”.

“Desexamos que non sexa para favorecer a algúns en prexuízo doutros”, afirmou Caamaño que censurou a “falta de transparencia” do goberno autonómico neste asunto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar