Burgo reclama un plan de estratéxico de internalización para as industrias culturais galegas

Burgo reclama un plan de estratéxico de internalización para as industrias culturais galegas

Burgo reclama un plan de estratéxico de internalización para as industrias culturais galegas

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo interveu hoxe no Pleno da Cámara trala comparecencia do Conselleiro de Cultura, na que deu conta das políticas de internalización da cultura galega.

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista comparou a labor do Conselleiro coa “carta de axuste”, xa que advirte que o Conselleiro de Cultura solo comparece “cando non ten nada que dicir, nin que facer, é dicir cando non ten programación”. Nese senso criticou as constantes “enumeracións do Conselleiro sobre asuntos que xa están en marcha”.

A deputada subliñou que a cultura galega “ten que estar aberta tanto para ofrecer como para recibir”. E advertiu que o Goberno de Feijoo “non ten confianza na nosa cultura”.

A parlamentaria socialista bota en falta un Plan Estratéxico de internalizacion para o sector , e critica que a Xunta acude a determinadas feiras “a outras non”. Nese senso reclama “análises dos mercados para coñecer onde se pode traballar”. Subliñou que o mercado das novas tecnoloxías é fundamental, saudou a dixitalización de obras pero pediu “unha boa paxina web de calidade para amosar o que podemos vender”, insistiu. E lembrou que as industrias culturais son 2% do PIB de Galicia.

Sobre as traduccións asegurou que “desapareceron as axudas neste ámbito”, di que nestes intres “son inexistentes”. Denuncia ademais que a Xunta non esta facendo nada cos centros culturais galegos no exterior.
18 millóns de euros a Confederación de Empresarios de Galicia

Preguntou tamén como se impulsa a exportación de productos culturais, e reclamou explicacións sobre as xestións do IGAPE “sobre a comercialización e o impulso das industrias culturais”. Pola contra criticou que este ente autonómico outorgou 18 millóns de euros a Confederación de Empresarios de Galicia.

Burgo quere coñecer ademais que programas, anunciados polo Goberno, se levaron adiante a través de oficinas no exterior para promocionar a nosa cultura. Dixo que no 2010 había unha partida para promoción da cultura no exterior dun 1 millón euros, e denuncia que no ano 2012 “desapareceu”.

Artes visuais

Afirma que o descenso dos orzamentos en Cultura “é superior á media das rebaixas nas demais consellerías”. No que se refire ás artes visuais Burgo afirma que “xa desapareceu xa no ano 2010”.

A maiores reclamou acordos co IGAPE para “profesionalizar a nosa cultura”.

Por ultimo sobre a Cidade da Cultura “dixo que non se pode vender a súa programación como internalizacion”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar