Burgo reclama un arquivo permanente en Internet cos actos da Cidade da Cultura e a Illa de San Simón

Burgo reclama un arquivo permanente en Internet cos actos da Cidade da Cultura e a Illa de San Simón

Burgo reclama un arquivo permanente en Internet cos actos da Cidade da Cultura e a Illa de San Simón

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, propuxo hoxe a creación dun arquivo on line dos actos celebrados na Cidade da Cultura e na Illa de San Simón. Esta proposta foi rexeitada polo PP demostrando, dixo a parlamentaria, que “en contra do que din a realidade é que desbotan a colaboración da oposición”.

Burgo advertiu que o Goberno “quere impedir que as iniciativas sexan levadas adiante por iniciativa da oposición”, xa que a proposta resulta sinxela e eficiente, concede maior rendibilidade aos actos e ten custe cero ao aproveitar os recursos e as páxinas web da Cidade da Cultura e da Illa de San Simón, que emiten estes actos en directo pero “non os almacenan, co que pérdense uns recursos económicos e culturais valiosos”.

Dix

o que as condicións actuais converten os esforzos de ámbalas dúas institucións en “efémeros” xa que, ademais do escaso aforo co que contan, unha vez rematados os actos “non se fan actas nin queda nada deles”. A responsable socialista propuxo así á Consellería de Cultura que siga o exemplo do Consello da Cultura Galega, que cuns recursos escasos conta cunha “mediateca exemplar” a dispor da cidadanía.

Esta iniciativa propuña a posta en marcha dun arquivo permanente “on line” en ámbalas dúas webs cos vídeos e audios das gravacións “de todos os encontros, xornadas, conferencias, mesas redondas ou calquera outro acto semellante”, organizados e financiados pola secretaría xeral de Cultura, as Fundacións Cidade da Cultura e Illa de San Simón e a Axencia Galega das Industrias Culturais.

Tamén propuxo acadar “os acordos necesarios para incluír neste arquivo os eventos semellantes organizados por outras institucións públicas e privadas onde colabore economicamente a secretaría xeral de Cultura ou calquera dos departamentos dependentes dela e que se celebren na Cidade da Cultura ou na Illa de San Simón”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar