Burgo reclama ao Goberno galego que organice este ano a Feira Galega de Artes Escénicas

Burgo reclama ao Goberno galego que organice este ano a Feira Galega de Artes Escénicas

Burgo reclama ao Goberno galego que organice este ano a Feira Galega de Artes Escénicas

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo anunciou hoxe que rexistrou diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo organizar neste ano 2011 a Feira Galega das Artes Escénicas, e seguir a organizala nos anos vindeiros,  aumentando o seu orzamento o necesario para conseguir a potenciación necesaria da distribución e comercialización das produccións galegas.

Explica, na iniciativa rexistrada, que a Feira Galega das Artes Escénicas leva desenvolvéndose 18 anos consecutivos e constitúe o mellor escaparate da propostas escénicas das compañías galegas e un espazo de mercado para a súa contratación, dado que é un encontro entre creadores e programadores, propietarios de salas, produtores, distribuidores, prensa especializada..., sendo, polo tanto, un apoio fundamental para a distribución das artes escénicas de noso país.

Asegura que nunha nova mostra da ineficacia da Consellería de Cultura e Turismo e da Agadic e da improvisación que guía todos os seus actos, a mediados de setembro, non se sabe si haberá unha nova edición da Feira no mes de outubro de 2011. Dixo que “seguindo a súa práctica habitual, Juan Carlos Fernandez Fasero, director da Agadic, multiplica as súas declaracións dicindo tan pronto que si organizará a Feira, como que este ano non haberá”.

E lembra que fai un ano, Fasero, xa manifestou a súa intención de modificar o formato da Feira pero durante un ano foi incapaz  de trasladar ao sector unha proposta nova que puidera ser consensuada. A deputada afirma que “é absolutamente inasumible que  os responsables da organización, a Agadic e a Consellería de Cultura, teñan este nivel de irresponsabilidade e ineficacia”.

Burgo critica que Agadic e a Consellería de Cultura e Turismo reduciu o orzamento para dita Feira de 180.000 € a 50.000 €, menos dunha terceira parte do destinado no ano anterior. Denuncia que “con este presuposto non se pode poñer en marcha una Feira das Artes Escénicas, e polo tanto o que fan é anulala”, e pola contra replica que a Consellería “destina cantidades moito maiores a espectáculos diversos, moito deles sen reflexo nas industrias culturais galegas nin sobre os nosos creadores, espectáculos efémeros que nin crean público nin deixan beneficio”.

Así as cousas advirte que por un lado Cultura subliña a importancia para os nosos creadores, da distribución e da comercialización das súas obras, e por outra banda, reduce ata case a extinción os orzamentos dedicados a estas actividades.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar