Burgo: “O PP está a converter a educación universitaria nun luxo, e toda a cidadanía precisa oportunidades”

Burgo: “O PP está a converter a educación universitaria nun luxo, e toda a cidadanía precisa oportunidades”

Burgo: “O PP está a converter a educación universitaria nun luxo, e toda a cidadanía precisa oportunidades”

A número un da candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, reuniuse cos decanos e o vicerreitor do Campus de Lugo, que lle transmitiron “unha situación sumamente alarmante”, segundo comentou a socialista despois do encontro. “Desde o PSdeG vimos advertindo ao longo de todo o goberno de Feijóo dunha redución brutal dos orzamentos para as Universidades galegas, máis dun 25%, que as está deixando nunha situación moi difícil”, destacou Burgo, tamén profesora do Campus e ex decana na Facultade de Humanidades. “Parécenos unha actitude absolutamente irresponsable que nós imos cambiar en canto cheguemos ao goberno, cunha aposta decidida pola Universidade e polo futuro. O PP sobe as taxas e baixa as becas, e por tanto está a converter a educación universitaria nun luxo, nunha educación de elite que non podemos permitir. Non podemos estar gobernando só para uns privilexiados. Toda a cidadanía necesita oportaunidades e un futuro”, afirmou a socialista.

Burgo incidiu en que “hai que ter en conta que só a Universidade, a través da investigación e da innovación, é o piar básico para desenvolver unha economía sostible que non se basee nos salarios baixos senón nun valor engadido”, e destacou o Campus de Lugo como “fundamental para a provincia, cunhas titulacións únicas en todo o marco universitario galego e moi relacionadas coas nosas industrias e sectores económicos competitivos como o lácteo e o agrogandeiro”. Con respecto ao peche de másteres sobre o sector lácteo e a investigación, engadiu: “Estamos nunha situación na que se están a pechar másteres fundamentais para o noso futuro e para a unión da Universidade coa industria só por unha falta moi coxuntural de alumnos. Hai que dicir ademais que os másteres teñen custo cero, non costan nada máis do que xa está a gastar a Universidade”, apuntou.

Peche de Tablicia
Concepción Burgo quixo referirse ademais á noticia do demantelamento e peche de Tablicia, con 137 traballadores. “É unha empresa referente na provincia de Lugo e cuns niveis de exportación moi importantes, que ten que ser liquidada por falta de financiación. Parécenos absolutamente inadmisible que mentres o PP está a rescatar os bancos non haxa ningún tipo de apoio para empresas como esta, que dan futuro e emprego á nosa provincia”, lamentou Burgo. A socialista afirmou que “isto indica a política económica que está a levar a cabo o Partido Popular, ao que non lle importa que as empresas pechen e os empregados vaian á rúa mentres eles defenden os inetreses dos bancos e duns privilexiados nada máis”.

A cabeza de lista por Lugo chamou a acabar coa “agonía” de Lugo e de Galicia nas urnas: “Isto ten que cambiar, temos que facer unha política de impulso e defensa da nosa industria, porque aí está o futuro da nosa provincia, que o PP está a afundir. O PSOE é o único partido que pode liderar un cambio real na nosa provincia para frear un modelo que nos leva á pobreza e a agonía económica, para apostar polas nosas potencialidades e a nosa xente”, concluíu a candidata.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar