Burgo, ”moi preocupada” pola supresión por Feijóo de másteres “esenciais” no Campus de Lugo

Burgo, ”moi preocupada” pola supresión por Feijóo de másteres “esenciais” no Campus de Lugo

Burgo, ”moi preocupada” pola supresión por Feijóo de másteres “esenciais” no Campus de Lugo

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Lugo, Concepción Burgo, amosouse “realmente preocupada” pola situación “moi grave” da supresión por parte da Xunta de dous masteres “esenciais” do campus de Lugo, un sobre Economía Leiteira na Politécnica e outro sobre Investigación Aplicada en Veterinaria. “É inadmisible que a Xunta recorte en educación e ademais sen ningunha causa, porque un deles tiña nove alumnos e perdeu un por culpa de que non hai becas para os estudantes”, explicou Burgo, que ademais é profesora titular do Campus de Lugo, onde foi decana da Facultade de Humanidades. “Desde a Xunta están forzando que non se estude na Universidade e ademais están rompendo todas as posibilidades que ten esta provincia para ter unha economía produtiva e de valor engadido”, destacou. A socialista chamou a que “toda a cidadanía de Lugo e de Galicia resposte” a isto. “A Universidade é o noso maior activo, e por riba van sobre un sector que xa estrá moi prexudicado, que precisa a investigación para poder saír adiante. Todos os discursos do PP sobre a Universidade son falsos, son mentiras, e dígoo con todas as letras”, afirmou Burgo, que destacou que o PP “rebaixou primeiro todos os orzamentos da Universidade un 25%, un 11% en investigación e innovación, e agora veñen a polo campus de Lugo”.

“Non podemos consentilo. Isto xa é o último que podía facer a Xunta, e aínda nos valida máis para dicir que a esta xente hai que apartala do Goberno; van conseguir rormper con todo e que non teñamos nada”, censurou Burgo. “Eu non estou disposta a que a xuventude do noso país non poida estudar, non estou disposta a que a investigación, que é o sector do futuro, sexa maltratado e apartado por culpa dunha Xunta que nin ten proxecto económico, nin sabe o que é a investigación, e que quere facer unha economía baseada en soldos baixos”, afirmou . “Xa farta de todo”, chamou a que “se vote por un partido de progreso que rompa con esta dinámica que vai acabar con todos nós. Quedar na casa non axuda para nada, é máis, dá votos ao PP. Se queremos que se destrocen todos os servizos desta provincia e as posibilidades de futuro e as esperanzas da nosa xuventude, entonces que se vote ao PP. Se non, hai que tomar unha iniciativa, que é o voto o día 21”, concluíu.

Sobre a sanidade: “A factura que hai que pasarlle a Feijóo e a das urnas”

Tras ser preguntada sobre que lle parecen as declaracións de Alberto Núñez Feijóo, que aegurou que de non cumprir os compromisos en Sanidade, a xente pode pasarlle a factura á Xunta, Concepción Burgo, asegurou que “a factura que hai que pasarlle é a das urnas”.
“Non cumpiru nin un só compromiso. Aí temos o Hospital de Lugo, sen radioterapia, sen hemodinámica; a esperanza de vida dos lucenses que teñan un infarto ou un cancro é menor aquí que noutras provincias, as listas de espera creceron, hai menos quirófanos, 1.800 sanitarios menos en Galicia”. Ante isto, Burgo incidiu en que “claro que hai que pasarlle unha factura ao señor Feijóo, hai que pasarlle unha factura democrática nas urnas a esta xente que non ten nin sensibilidade nin proxecto de futuro”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar