Burgo: “Hai que ir votar para non arrepentirnos ao día seguinte, porque despois xa non hai solución”

Burgo: “Hai que ir votar para non arrepentirnos ao día seguinte, porque despois xa non hai solución”

Burgo: “Hai que ir votar para non arrepentirnos ao día seguinte, porque despois xa non hai solución”

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, elixiu a entrada dun centro de ensino, o CEIP Luis Pimentel, para comezar o día de peche da campaña electoral, xa que “a educación simboliza a aposta polo futuro do partido socialista nunha semana protagonizada polas protestas antes do cambio de ciclo en Galicia”. Burgo asegurou que “os recortes do PP en educación soamente poden traer pobreza e romper o futuro da nosa xuventude e tamén da nosa economía”, e engadiu que “isto sábeno ben os cidadáns, que se manifestaron todos estes días nas rúas. Fixeron unha folga nais, pais e nenos porque todos saben o que nos estamos xogando”. A socialista sinalou que “é igual o PP en Galicia que en España, con esa nova lei de educación que vai retrotraer Galicia 50 anos”.

Concepción Burgo, acompañada polo número dous, Carlos González Santín, e o secretario provincial de Educación, Carlos Ferreiro, destacou asimesmo que “manifestarse na rúa non chega, e hai que manifestarse co voto” este domingo. “Se votamos todos podemos cambiar esta situación, ir a un modelo onde a educación sexa primada, e sexa o piar fundamental do que queremos facer para que todos os cidadáns teñan un futuro e as mesmas oportunidades”, afirmou. “Chamo a que ese descontento, que hai moitísimo porque o PP está a facer unha política en contra dos cidadáns, se manifeste o domingo nas urnas. Boa parte do electorado arrepentiuse a última vez de non ter votado ao partido socialista, así que hai que ir votar para non arrepentirnos ao día seguinte, porque despois xa non hai solución”, concluíu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar