Burgo esixelle a Feijóo que “deixe de portarse como vasallo de Madrid” e defenda as bolsas Erasmus para os estudantes galegos

Burgo esixelle a Feijóo que “deixe de portarse como vasallo de Madrid” e defenda as bolsas Erasmus para os estudantes galegos

Burgo esixelle a Feijóo que “deixe de portarse como vasallo de Madrid” e defenda as bolsas Erasmus para os estudantes galegos

Concepción Burgo advirte que a política de redución e supresión de bolsas de estudos vai contra a igualdade de oportunidades e empeora a formación dos alumnos e alumnas

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou hoxe a “vasalaxe” demostrada por Feijóo cara Madrid logo da redución drástica das bolsas Erasmus de estudos no estranxeiro. A deputada socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para pedirlle ao goberno que rectifique na nova redución das axudas, que veñen de ser limitadas a un semestre.

A deputada socialista acusou a Feijóo de “aceptar todo o que se fai en Madrid contra un gran número de estudantes Erasmus”, nunha liña que continúa coa política de redución drástica das bolsas de estudos dos gobernos central e autonómico. Dixo que o anuncio da Xunta de conceder 80 euros mensuais a estes estudantes resulta “absolutamente insuficiente” logo dunha redución do 70 por cento nas axudas dende o goberno central.

Burgo explicou que mentres a UE aumenta drasticamente estas axudas, un 4,3 por cento para estudantes universitarios e un 24 por cento para os de FP, o goberno central pasou dos 62,5 millóns de euros concedidos polo goberno de Zapatero en 2011 aos 18 millóns de Rajoy para este ano 2014.

Ademais sinalou que o goberno anunciou a decisión de reducir a duración destas bolsas “a través dos medios de comunicación”, sen ter confirmado nada a través do BOE nin ter informado aos reitores galegos. Lembrou que as universidades están configurando hoxe as axudas para o próximo curso “sen saber si as bolsas Erasmus se van alargar durante un curso completo ou só un semestre, o que equivale a catro meses reais”.

Elitización

Burgo sinalou que a redución das bolsas de estudos resulta coherente coa estratexia do PP de “elitización da formación” para limitar o seu acceso ás clases con mais recursos, “rompendo co igualdade de condicións e de oportunidades” para os mais humildes.

Dixo que o PP quere eliminar unhas axudas postas en marcha polos socialistas dende a UE, con Manuel Marín como comisario, que configuraron a primeira xeración europea con “plena conciencia de pertencer á UE”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar