Burgo esixe ao goberno de Feijoo que anule a orde de Cultura que denega as axudas a fundacións e asociacións culturais

Burgo esixe ao goberno de Feijoo que anule a orde de Cultura que denega as axudas a fundacións e asociacións culturais

Burgo esixe ao goberno de Feijoo que anule a orde de Cultura que denega as axudas a fundacións e asociacións culturais

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo anunciou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama á Xunta a anular a Orde publicada pola Consellería de Cultura e Turismo no Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro de 2011, e darlle validez de novo á convocatoria  de subvención de 11 de maio de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia de 13 de xuño de 2011, para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais.

Burgo lembra na iniciativa rexistrada que a Consellería de Cultura e Turismo vén de anular a través da Orde de 5 de outubro de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro de 2011, a convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais, publicada no Diario Oficial de Galicia de 13 de xuño de 2011. Denuncia que así “anúlanse axudas por valor de 50.000 € imputadas os orzamentos de 2011, e de 250.000 € ao orzamento de 2012”.

Advirte que en total son 300.000 €,  que se unen a outros 300.000 € en axudas a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e a mellora dos seus locais, anuladas por orden de 7 de setembro e publicada no Diario Oficial de Galicia de 15 de setembro.

Tamén denuncia que foi anulada a convocatoria de 12 de xaneiro para subvencionar as melloras de equipamento e dos locais culturais dos concellos cunha contía de 600.000€.

Así as cousas afirma que coa anulación destas liñas de subvención deixase sen ningunha axuda no ano 2011 a asociacións, fundacións e entidades culturais, e restrinxe as axudas para o ano seguinte, é dicir, a cultura de base galega non vai ser apoiada pola Consellería de Cultura e Turismo nos anos 2011 e 2012,  cando xa reduciu fortemente calquera apoio nos anos anteriores.

Inaceptable

Burgo cualifica de “inaceptable” que a cultura de base de noso país este sendo afogada pola Consellería de Cultura mentres está a subvencionar e organizar eventos para un escaso público e que non deixan ningunha impronta nos nosos creadores e nas nosas industrias culturais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar