Burgo e Besteiro amosan o contrato da residencia de maiores de Fonsagrada porque "nós amosamos o que hai asinado"

Burgo e Besteiro amosan o contrato da residencia de maiores de Fonsagrada porque "nós amosamos o que hai asinado"

Burgo e Besteiro amosan o contrato da residencia de maiores de Fonsagrada porque "nós amosamos o que hai asinado"

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Lugo, Concepción Burgo, e o secretario xeral na provincia, José Ramón Gómez Besteiro, participaron nun mitin na Fonsagrada no que lle levaron ao alcalde, Argelio Fernández, o contrato da Deputación para a realización do proxecto da residencia de maiores da Fonsagrada para que o teña no concello e poidan consultalo todos os veciños.

“Empezamos as obras en silencio, sen publicidade e sen visitas, pero ante as dúbidas que parece ter o goberno do PP e o seu bloqueo, trouxemos o contrato, porque non hai nada malo en ensinar un contrato público se está asinado; outros vimos que se asinaban na TVG pero agora din que é privado”, afirmou Besteiro. Pola súa banda, Burgo comprometeuse a que, se o PSdeG-PSOE goberna, concertará as prazas para esta e outras residencias do rural. “O PP concerta prazas para residencias privadas mentres lle di a unha institución como a Deputación que non lle concerta prazas públicas” porque “di que non é necesario” nunha das poboacións máis envellecidas de España.

A Xunta comprometeu en varias ocasións desde 2009 a construción da residencia por parte do goberno galego, pero finalmente, ante o abandono do proxecto, a Deputación decidiu asumilo cun acordo de 2,1 millóns de euros, “a pesar de que as competencias non eran súas e respondendo ás necesidades da Xente”, como destacou Burgo. A socialista lamentou o “absoluto abandono do rural por parte do PP, cun grave problema de despoboación”. Criticou que “pensan en función dos votos e non en función das persoas, e como no rural hai poucos votos, non lle interesa”.

Burgo incidiu en que “Feijóo manda hoxe a Rajoy a As Nogais, pero el non vén á montaña de Lugo, porque non aposta polos sectores produtivos que deben ser o futuro da provincia e de Galicia”, e puxo exemplos como que “hai zonas que teñen só unha profesora para cinco colexios de primaria”. Pola súa banda, Besteiro animou a que a xente se faga unha pregunta, “se hoxe está mellor que hai catro anos e en que cambiou a súa vida desde que está Feijóo”. O secretario xeral provincial incidiu en que o PP quere que o rural volva “corenta anos atrás”, e advertiu de que “despois das eleccións virán polas pensións, como xa viñeron polos medicamentos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar