Burgo di que Feijoo vai investir 8 millóns de euros na programación cultural do Gaiás

Burgo di que Feijoo vai investir 8 millóns de euros na programación cultural do Gaiás

Burgo di que Feijoo vai investir 8 millóns de euros na programación cultural do Gaiás

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo criticou hoxe en rolda de prensa a política escurantista, de mentiras e de gasto desproporcionado da Consellería de Cultura do Goberno de Feijoo. Anunciou que reclamou a comparecencia do Conselleiro de Cultura no Parlamento para dar conta dos cambios da Consellería.

Burgo cualificou os últimos cambios do organigrama da Consellería da Cultura “moi negativamente”, en alusión a desaparición da Consellería. Sinala que a cultura esta na base da nosa autonómica “e distínguenos como un elemento diferencial, xunto coa nosa lingua”. Advirte tamén da perda de “peso político” que terá este sector na nosa Comunidade.

A deputada denuncia “a nula importancia que lle da o Goberno de Feijoo a cultura en Galicia”. Neste punto lembra que nos orzamentos da Comunidade Autónoma “rebaixáronse nun 40%”.

A parlamentaria cualifica de “provocación” a designación de Anxo Lorenzo como Secretario Xeral de Cultura, xa que xunto co Conselleiro Jesus Vázquez “levaron a cabo unha políticas de verdadeira aniquilación da normalización lingüística”. Sobre a organización interna defínea como “caótica”, en alusión a desaparición da Dirección Xeral difusión e promoción cultural, xunto coa desaparición agora da Dirección Xeral de Libros.

Sobre a Cidade da Cultura Concepción Burgo anuncia unha batería de iniciativas parlamentarias “para reclamar explicacións sobre as declaracións do Conselleiro de Cultura”, xa que asegurou que “gastaría 1 millón de euros en programación no ano 2012, o mesmo que se gastou en 2011”.
Resposta parlamentaria

Acusou ao Conselleiro de “mentiroso”, xa que amosou unha resposta parlamentaria (rexistro-75680) realizada pola propia Consellería de Cultura, na que informa que no ano 2011 a programación da Cidade da Cultura financiouse con fondos da Fundación Gaias con 3.500.000 euros que saíron do Fondo fundacional do Gaiás. Ademais sinala que na propia reposta, a Xunta recoñece que gastou en programación 2.040.000 euros, o que representa un gasto total de 5.540.000 euros.

Industriais culturais 1.300.000 euros

Neste punto advirte que as industrias culturais en Galicia no ano 2011 “recibiron axudas por un importe de 1.300.000 euros”. Denuncian tamén que os concellos e as asociacións de base de Galicia “non percibiron ningunha subvención no ano 2011”, insistiu.

Burgo aseverou que o PSdeG-PSOE “esta en contra de que se gaste esta cantidade na programación do Gaias, mentres se abandona as industriais culturais, as asociacións e os museos de Galicia”.

Gasto desproporcionado no Gaiás

Dixo que nos orzamentos do 2012 esta previsto que se invistan 8 millóns de euros na programación, advirte que “ten unha cifra escasa de visitantes, cunha programación que resta visitantes a outras infraestructuras de Galicia, e que non teñen repercusión mediatica fora de Galicia, xa que non hai marketing nin publicidade fora da comunidade, nin ideas” . En resumen “un gasto desproporcionado fronte a rendabilidade da Cidade da Cultura”, espetou.

Por ultimo demandou que sexa presentado o Plan Estratéxico do Gaias 2012-2018. Lembrou que foi comprometido en diversas ocasións “e agora esta en total indefinición”. E resumiu “Feijoo ten que poñer un pouco de claridade na xestión da infraestructura cultural de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar