Burgo di que a Xunta esta “deixando na indixencia as biliotecas públicas de Galicia”

Burgo di que a Xunta esta “deixando na indixencia as biliotecas públicas de Galicia”

Burgo di que a Xunta esta “deixando na indixencia as biliotecas públicas de Galicia”

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo interveu no Pleno da Cámara para interpelar á Xunta sobre os recursos orzamentarios destinados no ano 2011 ás bibliotecas públicas. Denuncia que o Conselleiro de Cultura promete plans e programas que non cumpre, e insiste nas súas criticas “os orzamentos de Feijoo nesta area son orzamentos-ficción”. Asevera que a Xunta esta deixando na indixencia ás bibliotecas publicas de Galicia, dixo que van a quedar sen adquisicións de libros, sen animación á lectura, e insistiu “as bibliotecas publicas van a desaparecer”.

Burgo dixo na súa intervención que as bibliotecas publicas son axentes culturais de primeira importancia e que garanten o acceso igualitario e democrático á cultura. Asegura que as bibliotecas publicas teñen que estar no centro da vida política cultural do Goberno, pero denuncia que a Consellería de Cultura tenas abandonadas e están facendo recortes mais elevados dos estaban nos orzamentos, e que chegaban a un 53%.

A parlamentaria socialista tamén aludiu a creación da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, do que asegura “é unha mera campaña de propaganda”, e proseguiu “e coa política de abandono das bibliotecas do libro e a lectura o Conselleiro perdeu a pouca credibilidade política que lle quedaba”.

A maiores tamén se referiu as denuncias da asociación ANABAD-Galicia que amosou a preocupación dos profesionais polo presente e futuro das bibliotecas públicas.

Letras Vivas

A deputada lucense denunciou tamén a desaparición practicamente do programa Letras Vivas “que demostrou ser un elemento fundamental para o fomento da lectura”. Dixo que a Xunta rebaixou nun 86% máis baixa con respecto ao ano pasado o orzamento para estas actividades, e so aportou 50.000€, e as actividades so se poderán realizar en abril e maio. “ Esto non é un programa de animación á lectura é unha burla”, proclamou.

Forte recortes as axudas as editoriais e o libro galego

A deputada tamén denunciou que os orzamentos das axudas a edición do Libro de Galicia rebaixouse nun 50%, e puntualiza que o Conselleiro de Cultura derivou 400.000 euros deste programa a AGADIC, e reclamou explicacións por este asunto, xa que supón ir en contra da industria editorial galega.

Así as cousas asegura que toda esta folla de ruta é consecuencia dunha política errada que non quere ver a importancia da cultura e das bibliotecas públicas. Ademais critica que “tampouco atenden ao necesario fomento da lectura e a elevación dos índices galegos que seguen por debaixo da media española a pesar das promesas feitas polo conselleiro no ano 2010”, espetou.

Por ultimo acusou ao Conselleiro de facer “cultura espectáculo”, e derivar os fondos das bibliotecas publicas para a biblioteca da Cidade da Cultura. E concluíu “a crise non explica a súa falta de criterio e prioridades políticas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar