Burgo di que a xestión da Cidade da Cultura é un fracaso do goberno de Núñez Feijoo

Burgo di que a xestión da Cidade da Cultura é un fracaso do goberno de Núñez Feijoo

Burgo di que a xestión da Cidade da Cultura é un fracaso do goberno de Núñez Feijoo

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo cualificou de “decepcionante” a comparecencia do Conselleiro de Cultura no Parlamento, na que deu conta da actividade cultural na Cidade da Cultura, previa ao Plan Gaias. Dixo que a súa presencia na Cámara Autonómica “é un resumen da súa anterior comparecencia, con palabras baleiras de contidos e compromisos”, e asevera que “so veu aquí a resumir a súas roldas de prensa”.

Burgo aludiu na súa intervención as declaracións realizadas polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo nas que asegura que foi un erro moi grave adxudicar tódalas obras da Cidade da Cultura cun Goberno en funcións. Burgo afirma que todo o que vai custar a paralización deste infraestructura “é culpa do PP”, por iso insistiu nas criticas e preguntou cando custaba a paralización desta infraestructura “porque si o esconden é porque teñen algo que ocultar”. E lembra que o PSdeG-PSOE esta dacordo coa paralización ata 2014.

A parlamentaria socialista explica que o Conselleiro de Cultura confunde as súas funcións “porque vostede parece un Xerente da Cidade da Cultura, un mero programador en vez de un Conselleiro”.

Así as cousas denuncia que a Xunta comprometeuse a presentar en sede parlamentaria un Plan Gaias “e hoxe anuncia que o retrasa ata xaneiro, o que significa que levamos perto de 3 anos sen Planificación estratéxica”, advertiu. Cualifica a súa programación neste organismo “como un caixón desastre”.

Afirma que o Conselleiro de Cultura non esta cumprindo ningún dos obxectivos que prantexou para a Cidade “non hai estratexias, programas, nin obxectivos e non atrae a mais publico”. Por iso afirma que so merece “un cero”.

Burgo revela tamén que a Consellería de Cultura non mantén ningunha coordinación con Turismo para impulsar o Gaias.

Sen apoio á Cultura de Galicia

A portavoz tamén criticou as políticas culturais do Goberno de Feijoo, xa que advirte “non hai un apoio á Cultura Galega, nin na creación, nin nas industriais culturais, nin nos novos valores”, resumiu. Denunciou ademais que a Xunta non “convocou as becas para practicas de xestores culturais”, na Cidade da Cutura.

Perto de 10 millóns de euros para o Gaias

Sobre os orzamentos da Xunta sinala que preto de 5 millóns de euros, xunto cunha partida mais de 4,5 millóns “que non sabe para que é”, están adicadas a realizar actuacións na Cidade. Mentres replica que o orzamento para tódalas Bibliotecas de Galicia reciben só 1.500.000 euros, a partida para protección do Patrimonio Cultural é de 200.000 euros, o equipamento para a Rede de Bibliotecas de Galicia é de 100.000 euros, e o orzamento para animación á Lectura é de 64.000 euros.
Ademais tamén lembra que “Feijoo eliminou tódalas axudas aos concellos e as asociacións culturais de Galicia”.

Fondo Social de 23 millóns de euros

Burgo preguntoulle ao Conselleiro de Cultura que patrocinadores están pagando as actuacións e pediulle un exercicio de transparencia “queremos saber quen son, canto invisten, e con que acordos”. E insistiu “ou é que están gastando o Fondo social da Fundación do Gaias?”, xa que lembra que ten un fondo fundacional de 23 millóns de euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar