Burgo denuncia que Feijoo non “defende nin protexe o camiño de Santiago”

Burgo denuncia que Feijoo non “defende nin protexe o camiño de Santiago”

Burgo denuncia que Feijoo non “defende nin protexe o camiño de Santiago”

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo anunciou que rexistrou diversas iniciativas parlamentarias sobre o polígono no concello de O Pino. Denuncia que “Feijoo non defende nin protexe o camiño de Santiago”, e acusouno de non querer sancionar ao Alcalde do PP deste concello coruñés.

Burgo reclama tramitar de inmediato o recurso de alzada presentado polo Concello de O Pino en 2009 en contra da sanción por infracción administrativa grave contra o patrimonio cultural de Galicia, imposta pola Dirección Xeral do Patrimonio, co fin de que poda ser restituída a legalidade no tramo do Camiño Francés, legalidade alterada polas obras permitidas por dito concello en zona protexida e declarada Ben de Interese Cultural.”

Dixo que “non é admisible que o patrimonio cultural de Galicia se poña en perigo pola desidia da Consellería de Cultura e Turismo”.

Burgo relata na proposición rexistrada que en marzo de 2009, o concello de O Pino foi sancionado pola Secretaría Xeral da Consellería de Cultura pola comisión dunha infracción administrativa de carácter grave en materia de patrimonio cultural.

Advirte que nesta sanción quedou probado que o concello do Pino outorgou licenza municipal para a realización de obras de acondicionamento dun edificio e parcela para a instalación dunha queixería no lugar da Brea en San Miguel de Cerceda, dentro do contorno de protección do Camiño Francés, e que ten a consideración de Ben de Interese Cultural, sen contar ca preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tal como marca a Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia no seu artigo 37.

Dixo que dado que a licenza outorgada polo concello era ilegal, e as obras realizadas alteraban a protección debida ao Camiño Francés, como responsable dunha infracción administrativa de carácter grave tipificada no artigo 91.j) da citada Lei 8/1995, replica que o Concello de O Pino foi sancionado cunha multa de 30.000 € e a obriga de realizar as actuacións necesarias para proceder á reparación e restitución das cousas ao seu debido estado, o que lle foi comunicado o 3 de marzo de 2009.

Sinala que o Concello de O Pino interpuxo un recurso de alzada contra esta resolución de sanción o 7 de abril de 2009 pero aínda hoxe, dou anos e medio despois, a Consellería de Cultura non resolveu este recurso, polo que a resolución sancionadora ao concello de O Pino, por feitos tan graves como os relatados, carece de firmeza.

Con estes argumentos afirma que “esta situación é inexplicable, e así o entende tamén o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, que acaba de admitir un recurso Contencioso-Administrativo contra a negación do conselleiro de Cultura e Turismo a resolver dito recurso de alzada interposto polo Concello de O Pino, dado que como non se resolve non se pode obrigar o concello a reparar o dano feito ao Camiño Francés”.

A parlamentaria socialista dixo que “esta extrema dilación en resolver un recurso de alzada move á dúbida xa que, segundo establece o artigo 99 da Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, o tipo de infracción grave que cometeu o Concello de O Pino prescribe en cinco anos e xa pasou a metade do prazo”, espetou.

E insiste nas súas criticas “non sería admisible que unha acción ilegal que atenta contra o patrimonio cultural de Galicia quedase sancionada e fora irreparable pola desidia e inoperancia da Consellería de Cultura e Turismo, tal como pode acontecer se a consellería non asume a súas responsabilidades e se chega pola súa culpa á prescrición da infracción cometida polo Concello de O Pino”, advertiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar