A Xunta carece dun plan real de arquivos

A Xunta carece dun plan real de arquivos

A Xunta carece dun plan real de arquivos

A portavoz de Cultura e Universidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Concepción Burgo, denunciou que a Xunta carece dun plan real de arquivos ao non presentar orzamento, cronograma, accións concretas nin obxectivos avaliables. Así o dixo logo da comparecencia do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia.

A responsable socialista criticou que o responsable de Arquivos e Bibliotecas teña asistido á comparecencia de hoxe sen ter enviado ao Parlamento o “suposto Plan de Arquivos” que en realidade “non é tal Plan, senón que é unha mera exposición de obxectivos xerais” sen partidas orzamentarias, priorización de actuacións nin obxectivos.

Burgo López considera “inaceptable” que a única acción do Goberno de Feijóo nesta materia teña sido rebaixar nun 62 por cento o orzamento para arquivos e museos entre 2009 e 2011, pasando dos 10 millóns de euros a “menos da metade” actualmente. Sinalou ademais que logo da reorganización que diferenza Arquivos e Museos a primeira só teña recibido unha cantidade de 260.000 euros.

Explicou que ese é “o único orzamento coñecido ata o momento” para os arquivos de Galicia, dos que ademais o 90 por cento vai destinado a “actividades difusoras e de promoción”. Dixo que logo de 2 anos de xestión os documentos administrativos da Xunta de Galicia están espallados por diversas naves e locais en aluguer, “sen custodia e sen tratamento arquivístico”.

Burgo López insistiu tamén na necesidade de constituír urxentemente a Comisión de Valoración Documental que ven sendo repetidamente solicitada polos profesionais dos arquivos.

Perigo de desaparición

Burgo López dixo que a documentación corre así un “serio perigo de desaparición ou alteración”, por canto “non está catalogado, descrito nin estudado”, mentres a Consellería de Cultura “permite que o Centro de Proceso de Datos Integral reduza o espazo de arquivo de Galicia na Cidade da Cultura en 1.300 metros cadrados, polo que dentro de pouco tempo tampouco neste arquivo haberá espazo suficiente para desenvolver os seus cometidos”.

Advertiu que mentres presume dun “suposto Plan que non existe” a Xunta continúa sen presentar unha Lei de Arquivos, non fai “absolutamente nada polos arquivos dos concellos que carecen de persoal e aos que lles fixeron desaparecer as bolsas de arquiveiros que traballaban con eles”. Ademais, sinalou que o Executivo carece a día de hoxe de “orzamento coñecido para a dixitalización”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar