Burgo demanda un arquivo “on line” dos actos celebrados no Gaiás e na illa de San Simón financiados pola Xunta

Burgo demanda un arquivo “on line” dos actos celebrados no Gaiás e na illa de San Simón financiados pola Xunta

Burgo demanda un arquivo “on line” dos actos celebrados no Gaiás e na illa de San Simón financiados pola Xunta

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa no Parlamento na que reclama ao Goberno de Feijoo poñer en marcha un arquivo permanente “on line” nas páxinas web da Cidade da Cultura e da Illa de San Simón, dos vídeos e audios das gravacións de todos os encontros, xornadas, conferencias, mesas redondas ou calquera outro acto semellante, organizados e financiado pola Secretaría Xeral de Cultura, as Fundacións Cidade da Cultura e Illa de San Simón e a Axencia Galegas das Industrias Culturais

Burgo demanda na proposición parlamentaria “tomar medidas para chegar aos acordos necesarios para incluír neste arquivo os eventos semellantes organizados por outras institucións públicas e privadas onde colabore economicamente a Secretaría Xeral de Cultura ou calquera dos departamentos dela dependentes, e que se celebren na Cidade da Cultura ou na Illa de San Simón”.

A portavoz de Cultura explica que as novas tecnoloxías da comunicación son unha ferramenta básica, e nestes momentos inescusable, para facilitar a transmisión de coñecementos e de cultura. Advirte que “desgraciadamente, a anterior Consellería de Cultura e Turismo non se caracterizou por un uso axeitado destas novas tecnoloxías, perdendo con elo importantes posibilidades de chegar a un público masivo e perdendo tamén unha maior rendibilidade das inversións feitas en actos e encontros organizados e financiados por ela”.

A deputada relata que na Cidade da Cultura e na Illa de San Simón tiveron lugar varios encontros e actos de moi diversa tipoloxía que quedaron reducidos a un aforo moi limitado de público, tanto polas pequenas dimensións das infraestruturas onde se desenvolveron como pola incapacidade temporal de asistencia de moitas persoas que estarían, a priori, interesadas pola súa temática. De esta maneira, estes encontros foron simples actos efémeros, máxime cando non se realizaron actas o publicacións.

A parlamentaria socialista afirma que esta situación pode ter unha solución doada e de baixo custe recorrendo ás novas tecnoloxías, porque non presenta dificultades organizar un arquivo permanente de vídeos e audios nas páxinas web da Consellería ou da Cidade da Cultura e a Illa de San Simón, onde se poña a disposición de toda a cidadanía as gravacións dos encontros, xornadas, conferencias, mesas redondas ou calquera outro acto centrado no análise de calquera tema.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar