Burgo critica que Feijóo suprima a Consellería de Cultura “para apartar a un sector que sempre lle foi incómodo

Burgo critica que Feijóo suprima a Consellería de Cultura “para apartar a un sector que sempre lle foi incómodo

Burgo critica que Feijóo suprima a Consellería de Cultura “para apartar a un sector que sempre lle foi incómodo

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao presidente da Xunta de suprimir a Consellería de Cultura “para apartar a un sector que sempre lle foi incómodo e no que non teñen viveiro de votos”. Cualificou de “frivolidade” a absorción deste departamento pola Consellería de Educación, unha idea “que non se lle ocorreu a ningunha Comunidade Histórica”.

Na comparecencia do conselleiro de Educación sobre a reforma deste departamento, Burgo sinalou que esta situación retrotrae a Galicia “ao nivel da preautonomía”, como demostra a reacción frontal en contra de tódolos sectores culturais galegos. Advertiu que esta decisión é netamente “ideolóxica” para debilitar a un sector que “nos últimos tempos estaba reclamando os seus dereitos e poñendo os seus problemas enriba da mesa”.

Acusou ao Goberno galego de empregar o aforro orzamentario como desculpa falsa para xustificar a desaparición da cultura xa que “non se aforra máis aló do salario do conselleiro” por canto tódolos directores xerais continúan no seu posto de traballo. Subliñou así que esta decisión “non ten nada que ver coa austeridade e moito menos con frases feitas e banalidades”.

Lingua

A responsable socialista cualificou ademais de “provocación” a absorción do departamento de Cultura polo de Educación, dirixido por Jesús Vázquez, e o nomeamento de Anxo Lorenzo como director xeral, cando son os dous responsables do decreto do galego “que foi o ataque máis importante á lingua galega de toda a nosa autonomía”.

Sinalou que ningún é adecuado para dirixir a vida cultural cando “atacaron a tódolos defensores do galego” e amosáronse “despectivos fronte á nosa lingua”. Lembrou que o conselleiro que vai xestionar a cultura galega é o mesmo que reduciu nun 70 por cento o presuposto para o fomento do galego e outro 60 por cento adicional os fondos da política de normalización lingüística.

Concepción Burgo sinalou que “non hai política cultural sen unha política lingüística axeitada” e adianto que “si antes non había unha defensa da cultura galega isto vai ser moitísimo peor” a partir de agora. Dixo así que os anuncios de diálogo e defensa da cultura por parte do conselleiro son “parole, parole, parole; palabras, palabras, palabras”, citando unha coñecida canción italiana.

Un mundo feliz

Acusou ao conselleiro de “vivir nun mundo feliz pero irreal” e reclamoulle que explique “cómo van quedar os orzamentos de Cultura e qué política real vai desenvolver en apoio da cultura de base”. Cualificou de “tomadura de pelo” o recoñecemento das asociacións culturais cando “fixeron desaparecer as aportacións a estas asociacións e aos concellos, teñen ás bibliotecas sen fondos e carecen dunha política de industria cultural”.

A responsable socialista lembroulle ao conselleiro que leva tres anos retrasando o Plan Estratéxico do Gaiás, e acusouno de presentar cifras “non reais” cando anunciou un gasto de un millón de euros na programación. Aludiu a unha resposta escrita da extinta Consellería de Cultura na que admitían un gasto mínimo de 5,5 millóns nunha programación “sen público nin repercusión”.

Advertiu que a Xunta está gastando “fondos da Fundación Gaiás que son públicos” mentres “deben diñeiro ás editoriais, ás artes escénicas, ou ao mundo musical” e preguntoulle si “vai seguir mentindo e facendo pasar un gasto de 11 millóns de euros propios por fondos de empresas.

Ausencia de Feijóo

A responsable socialista considerou “incrible” que o presidente da Xunta eluda dar conta en persoa e diante do Parlamento de Galicia da reforma do seu goberno, co que “está dando as costas á súa responsabilidade”. Burgo lembrou que a competencia de reformar o goberno galego é exclusiva do presidente da Xunta, que “elude as súas responsabilidades e manda aos conselleiros a dar conta das reformas do goberno”.

Recomendou que “recuperen a teoría democrática” xa que “si o presidente non fuxe o disimula extremadamente ben para non dar conta dos problemas” e advertiu que “dar unha rolda de prensa non é falar no Parlamento, e falar cos medios non impide que se veña a dar resposta ao pobo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar