Burgo critica que a Xunta destine 13,5 millóns á Cidade da Cultura logo de anunciar a súa paralización

Burgo critica que a Xunta destine 13,5 millóns á Cidade da Cultura logo de anunciar a súa paralización

Burgo critica que a Xunta destine 13,5 millóns á Cidade da Cultura logo de anunciar a súa paralización

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Concepción Burgo, criticou que a Cidade da Cultura absorverá en 2012 13,5 millóns de euros -o 16,5 por cento do orzamento de Cultura- malia ter sido paralizada. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Cultura en Comisión para presentar os orzamentos do departamento para 2012.

Burgo esixiu ao conselleiro que explique “cómo é posible que gasten mais de 5 millóns de euros só na programación cultural” desta infraestrutura mentres a partida para adquisición de novidades bibliográficas é de 684 euros, 1,5 euros por cada unha das 400 bibliotecas públicas de Galicia. Criticou que destinen a totalidade do orzamento de bibliotecas á Biblioteca da Cidade da Cultura mentres o apoio á lectura baixa á metade.

Cidade da Cultura deixa sen posibilidades á cultura galega, mentres do total de 13,5 millóns de euros, 4,5 corresponden a unha “partida opaca baixo a denominación de outros obxectivos que non sabemos a qué están destinados”. Burgo salientou que as declaracións do conselleiro sinalando como “non prioritario” o teleférico entre Santiago y la CDC “demostra a improvisación, descoñecemento e falla de proxecto da Consellería”.

Considerou unha “burla” que, diante desta situación, anuncie o apoio a estas entidades mentres rebaixa o programa de arquivos e bibliotecas un 8 por cento, un descenso que no caso específico das bibliotecas públicas é do 72 por cento. Tamén acusou á Consellería de ter desviado no pasado ano ao Agadic un total de 400.000 euros que estaban destinados á compra de libros de para bibliotecas públicas.

Abandono da cultura de base

A portavoz de Cultura criticou a contratación de Daniel Baremboim por “moito mais que todo o que vai dedicar ás asociacións e entidades culturais”, ou que destinen 1,5 millóns de euros ao programa de música clásica Galicia Classic. Mentres, dixo, “abandonan a cultura de base e todo o entramado de infraestruturas culturais que garanten o acceso á cultura en igualdade de condicións”.

Concepción Burgo criticou hoxe os orzamentos da Consellería de Cultura, que ten descendido os seus orzamentos un 2,6 por cento, o que súmase á caída do 23 por cento sufrida en 2011, co que “dende a chegada do conselleiro ten perdido mais de 90 millóns de euros en total, moi por riba da caída dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma”.

A parlamentaria socialista Concepción Burgo tamén sinalou que o conselleiro rexeitou explicar qué parte do orzamento do próximo ano está comprometido para os pagos pendentes de 2011.

AgadicBurgo criticou a xestión da Axencia Galega de Industrias Culturais –Agadic-, xa que a “desidia, a mala planificación, a falla de compromiso” está a “abocar ao peche a 200 empresas poñendo en risco 2.000 postos de traballo”. Salientou as críticas xeneralizadas de todo o sector contra a actuación deste organismo, que ten provocado un aumento do 18 por cento no paro rexistrado na industria cultural galega.

Salientou que o Agadic ten “en pé de guerra” aos responsables do sector, que denuncian impagos por unha contía de 4 millóns de euros só para as industrias musicais, mentres 6 millóns previstos para investimentos “desaparecen” e anuncian a contratación de 1.000 artista “que ninguén sabe quén son nin onde están”.

Sinalou as críticas do director do Centro Galego de Arte Contemporáneo, quen amosouse “moi preocupado polo incumprimento das obrigas financeiras”, non pagan ás librerías, renuncian a impulsar a banda deseñada, e as entidades e asociacións culturais quedan sen axudas públicas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar