Burgo critica a falla de coordenación e planificación da Xunta na dixitalización da Biblioteca de Galicia

Burgo critica a falla de coordenación e planificación da Xunta na dixitalización da Biblioteca de Galicia

Burgo critica a falla de coordenación e planificación da Xunta na dixitalización da Biblioteca de Galicia

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo interveu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento, trala comparecencia do Director Xeral do Libro, na que deu conta do Plan de desenvolvemento Dixital da Biblioteca de Galicia.

A portavoz de Cultura dixo que para o Grupo Socialista “a dixitalización é un elemento de primeira importancia”. E lembra que se aprobou unha proposición socialista para impulsar a dixitalización da prensa histórica de Galicia.

A deputada emprazou á Xunta a traballar neste camiño, “e non ter visións triunfalistas neste eido”.

A maiores a parlamentaria socialista criticou a desorganización na rede do patrimonio bibliográfico de Galicia. Denuncia que a Biblioteca de Galicia non aparece na paxina web da rede do sistema bibliotecario galego. Sobre o catalogo en rede asegura que esta situado na web do centro superior bibliográfico de Galicia.

Por iso asegura que esta descordinacion “é un problema para os investigadores”. Ademais preguntou que política de convenios esta seguindo á Xunta con outros organismos estatais, autónomos ou institucións.

Burgo advirte que a Consellería de Cultura non esta seguindo ningún criterio, nin ningunha planificación, por iso quere coñecer “con que orden se esta dixitalizando”. Dixo tamén que a Xunta “esta traballando moi lento”, xa que afirma que so dixitalizaron 7 cabeceiras no que vai de ano 2011. Tamén demandou a creación dunha paxina web para coordinar a información da Biblioteca de Galicia.

A deputada quere coñecer canto investiu a Xunta e cal é a programación orzamentaria para este asunto nos orzamentos da Xunta. E preguntou si están dixitalizadas as diferentes fundacións e bibliotecas de Galicia, como a da Fundación Penzol, Granell, Alonso Montero ou Basilio Losada.

A portavoz de Cultura preguntoulle ao Director Xeral si ten a Xunta ten realizada algunha planificación para a dixitalización de arquivos, e libros e prensa histórica.

Criticou tamén que en 2 anos os orzamentos da Xunta para as bibliotecas de Galicia “caeron nun 50%”, e insistiu nas súas criticas “as bibliotecas publicas non lle interesan ao Goberno de Feijoo”.

A banda deseñada un sector abandonado polo Goberno de Feijoo

Na citada Comisión Burgo realizou unha pregunta sobre as actuacións da Xunta para promocionar o papel da banda deseñada dentro da cultura galega e o mantemento dos premios neste sector.

Alí denunciou que o Goberno de Feijoo non investiu 600.000 euros comprometidos para a banda deseñada, e incumpriu a promesa de converter as bolsas para a creación en premios de novela gráfica profesional, tralo rexeitamento de todo o sector.

Ademais criticou a falta de apoio da Xunta para a realización das Xornadas de Ourense, tras celebrase en 22 edicións, así como o premio Castelao. Acusou ao Goberno de Feijoo de promover a desaparición paulatina da política de apoio a un sector de vangarda da cultura de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar